Código aberto sobre rodas
A aplicación do software libre para a automoción será un dos eixos da LibreCon 2015. Roberto Zompi falará sobre a Alianza Genivi impulsada por varias marcas para o desenvolvemento de plataformas open source. E Tin Hang Liu presentará o OSVehicle, o "android dos coches eléctricos".