'Miña Terra Galega' é un dos grandes clásicos da música popular en Galicia. Siniestro Total gravouna por vez primeira en 1984 no seu álbum Menos mal que nos queda Portugal, partindo do 'Sweet Home Alabama' de Lynyrd Skynyrd pero cunha letra completamente distinta. Agora Radio Océano vén de publicar a súa versión do tema de Siniestro, de novo cunha actualización na súa letra chea de retranca.
A formación actual da banda coruñesa acompáñase nos coros de Antón Reixa, Julián Hernández e do xornalista Antón Losada
O tema formará parte do disco Puro Deleite, o álbum de versións de clásicos da música galega realizadas por artistas e bandas actuais e que se publicará nos vindeiros meses
A formación actual da banda coruñesa -Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro), Ross Mero (Santiago Romero), Pablo Iglesias e Dani Punta- e con Pablo Dalama na gaita, acompáñase nos coros dun auténtico all-stars da música galega dos 80, coa participación de Antón Reixa, Julián Hernández e do xornalista Antón Losada.
Destaca a súa letra actualizada, con mencións á emigración en Canarias, aos montes que "arden de máis" e están "cheos de muíños e eucaliptos", ás vacas marelas que son "unha especie a conservar" e á xente que antes "facía barcos" e agora "abriron un bar"
Xuntos, executan unha versión cun toque post-punk na que destaca a súa letra actualizada, con mencións á emigración en Canarias, aos montes que "arden de máis" e están "cheos de muíños e eucaliptos", ás vacas marelas que son "unha especie a conservar" e á xente que antes "facía barcos" e agora "abriron un bar". 'A Miña Terra Galega' de Radio Océano complétase con mencións a Resentidos, a "Sangenjo y el Jacobeo", a Oubiña e Sito Miñanco e mesmo a Resistencia Galega e ao Pazo de Meirás.
A canción, gravada no estudios A Ponte por Tomás Ageitos, conta cun estupendo vídeo realizado por Xaime Miranda. A portada do single é obra de Leo Bouza.
A Muinheira de Chantada de Verto, Por última vez dos Ataque Escampe, O Tren de Ale e Xuntos de Familia Caamagno tamén forman parte do disco
A mítica banda de culto coruñesa, liderada por Xosé Manuel Pereiro, é unha das maiores referencias musicais da década dos 80. Un único LP publicado na década dos oitenta (‘Nin falta que fai’, 1986), bastoulles para deixar unha selo inconfundible na cultura pop galega. Inspirados por bandas como The Clash ou Joy Division, apareceron cun son fresco coas guitarras e as letras cheas de ironía por bandeira.
O tema é o quinto adianto que coñecemos do álbum Puro Deleite, impulsado por Deleite Galego, a marca galega de leite creada por gandeiros e gandeiras. Únese así á Muinheira de Chantada de Verto, a Por última vez dos Ataque Escampe, a O Tren de Ale e ao Xuntos de Familia Caamagno.
Ata final de ano, momento en que está prevista a publicación do disco, irá publicándose un novo tema cada mes
Ata final de ano, momento en que está prevista a publicación do disco, irá publicándose un novo tema cada mes. Entre as bandas que participan e das que aínda non coñecemos as súas achegas están Os Amigos dos Músicos, Eladio y los seres queridos ou La casa de los ingleses. E entre os artistas e formacións versionadas atoparemos aínda a Goma 2, por exemplo.