Viñetas desde o Atlántico celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto cunha ampla programación que foi presentada este luns polo novo director da cita, Manuel Cráneo
Viñetas desde o Atlántico celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto, unha semana, enmarcada no mes máis festeiro da Coruña, que converterá un ano máis a cidade herculina nunha das capitais internacionais de referencia na banda deseñada e a ilustración.
Manuel Cráneo, que se estrea como director, presentou este luns o groso da programación do Salón do Cómic, que acollerá a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores. Estivo acompañado da alcaldesa, Inés Rey, da deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade Rodríguez, e dalgunhas das autoras e autores galegos participantes.
O Salón do Cómic acollerá os traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores
Na presentación, Cráneo destacou que neste ano "disciplinas como o cinema, o teatro e a música, sempre relacionadas co universo da banda deseñada, incorpóranse ao cartel". "Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresa como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic", destacan dende a organización.
Como novidade neste 2024, o programa de Viñetas desde o Atlántico presenta unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola.
Toriyama, Marín e Muguruza
Toriyama protagoniza a exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’ cunha coidada selección de autoras e autores galegos, como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra
Na programación hai varios protagonistas destacados, comezando por Akira Toriyama, finado o pasado mes de marzo. O autor xaponés e moitos dos seus personaxes, como Son Goku e Arale, protagonizan a exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’ da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos, como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionadas.
Outro dos nomes propios será o de Xaquín Marín, pois por primeira vez un personaxe de cómic dun autor galego -o seu Gaspariño- súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas
Outro dos nomes propios será o de Xaquín Marín, pois por primeira vez un personaxe de cómic dun autor galego -o seu Gaspariño- súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves.
Tamén destaca a participación de Fermin Muguruza, que presentará no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.
18 exposicións en Viñetas Expo
Tamén destaca a participación de Fermin Muguruza, que presentará no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación
Viñetas Expo concentrará 13 exposicións individuais e colectivas de produción propia dentro da sección oficial, comisariadas pola dirección artística do festival, individuais e colectivas, mais outras 5 mostras paralelas organizadas por entidades colaboradoras. As temáticas sociais, a internacionalización —cunha ollada ao mellor cómic chegado de América Latina— e a aposta polas novas voces e a banda deseñada independente e experimental serán as claves da cita. As sedes oficiais das exposicións de Viñetas Expo serán o Kiosco Alfonso, Palexco, o Palacio de María Pita, a Sala Salvador de Madariaga, a Casa Museo Picasso e o Centro Ágora.
O Viñetas reunirá figuras como Genie Espinosa —autora do cartel desta edición da cita—, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, que contarán con exposicións monográficas do seu traballo. O festival quere poñer tamén en valor o rico ecosistema autoral local coas mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023: Paula Mayor e Cristian F. Caruncho.
O resto da programación do Viñetas: Show, Rúa BD, Mini, Ñam...
O Viñetas reunirá figuras como Genie Espinosa —autora do cartel—, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, con exposicións monográficas do seu traballo
En Viñetas Show a BD será levada ao espectáculo de entretemento a través de actividades diarias no Teatro Colón, cun un ciclo de cinema baseado en obras de BD, o show Viñetas Late Night con entrevistas aos convidados e convidadas de Viñetas 2024 (Fermin Muguruza, Susanna Martín, Genie Espinosa, Jorge Campos, Kundo Krunch, Lucas Varela, Yeyei Gómez, Marc Torices e Marcello Quintanilla) e un concerto ilustrado de Sangre de Muérdago, con Xulia Vicente e Sekone, en colaboración con Autobán.
Haberá 18 exposicións. As temáticas sociais, a internacionalización —cunha ollada ao mellor cómic chegado de América Latina— e a aposta polas novas voces e a banda deseñada independente e experimental serán as claves da cita
En Viñetas Rúa BD, a parte comercial do Viñetas mantén a súa esencia coa participación de editoras e librarías especializadas en banda deseñada procedentes de todo o territorio español, cun total de 36 expositores, firmas con máis de 60 autoras e autores, ademais de 4 obradoiros, 12 presentacións de cómics, 7 faladoiros e dous espectáculos.
Viñetas Mini é a sección infantil de divulgación e entretemento de Viñetas desde o Atlántico 2024, que reunirá contacómics, obradoiros e un concerto infantil.
Viñetas Ñam! é un festival gastronómico no que varios restaurantes locais dedicarán un prato da súa carta a personaxes e series de cómic.