Os fondos procedentes do antigo Seminario de Estudos Galegos son as primeiras fichas visibles da colección en liña do MPG, que irá aumentando a medida que avancen os traballos de documentación e catalogación
Co gallo do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, o Museo do Pobo Galego habilitou este martes o acceso en liña á colección de pezas procedentes do desaparecido museo que o SEG creou en 1930 no Colexio de Fonseca de Santiago. Estas serán as primeiras pezas, das preto de 16.000 que integran a colección do Museo do Pobo Galego, que se poñen a disposición do público a través da web www.museodopobo.gal
Dentro dese legado material hai pezas relacionadas co patrimonio musical, como unha zanfona de nogueira, ferro e óso do século XIX; coa vestimenta tradicional galega, como unha coroza de comezos do século XX; ou cos oficios artesanais, como unha colección de ferraxes ou as pezas de olería de Buño ou Niñodaguia, entre outras.
Dentro dese legado material hai pezas relacionadas co patrimonio musical, como unha zanfona de nogueira, ferro e óso do século XIX; coa vestimenta tradicional galega, como unha coroza de comezos do século XX; ou cos oficios artesanais
Trátase dun conxunto de materiais que o Museo do Pobo Galego custodia dende a súa creación en 1977 por expreso desexo de persoas que foran membros do Seminario, como Xaquín Lorenzo ou Antonio Fraguas, e que formaron despois parte do Padroado que creou o Museo.
A consulta e o acceso en liña da colección é posible grazas ao programa desenvolvido por Novadoc OaiStore pero, tamén, grazas ao traballo de moitas persoas, especialistas na documentación, catalogación e xestión de coleccións museográficas, que nos últimos tempos achegaron os seus coñecementos e esforzo ao Departamento de Documentación e Xestión da Colección.
Trátase dun conxunto de materiais que o Museo custodia dende a súa creación en 1977 por expreso desexo de persoas que foran membros do Seminario, como Xaquín Lorenzo ou Antonio Fraguas
Os fondos procedentes do antigo Seminario de Estudos Galegos son as primeiras fichas visibles da colección en liña do Museo do Pobo Galego, que irá aumentando progresivamente a medida que avancen os traballos de documentación e catalogación. A colección do Museo acada hoxe os 15.800 rexistros, dos que unicamente están expostos preto dun 15%.