As que limpan, de A Panadaría, O Porco de pé, Excéntricas e O Deus do pop, de Diego Anido, optan ao premio ao mellor espectáculo
Os Premios María Casares do teatro galego, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), deron a coñecer este mércores os espectáculos e profesionais finalistas aos galardóns na súa edición número 27, que se entregarán o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego (CDG), e As que limpan, de A Panadaría, son as producións que suman un maior número de finalistas, con nove en cada caso. Porén, tan só a obra de A Panadaría opta ao premio ao mellor espectáculo, categoría na que compite con O Porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas e O Deus do pop, de Diego Anido.
Na categoría de espectáculo infantil, as finalistas son Wombo combo, de Galeatro; Ninja, de Teatro Ghazafelhos e A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro
Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, e O Porco de pé, de Excéntricas, contan con seis finalistas cada unha. A continuación, Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, é finalistas en cinco categorías e O Deus do pop, de Diego Anido, opta a catro premios, ao igual que A peste, do CDG. Ragazzo, da compañía Barrosanta, aspira a dous galardóns. Por un premio pelexará Papagena, de Butacazero.
Ademais, na categoría de espectáculo infantil, as finalistas son Wombo combo, de Galeatro; Ninja, de Teatro Ghazafelhos e A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro. Polo premio de nova creación para os espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas competirán tres montaxes: A barca do inferno, de Nauta Teatro; Raio The Loubican, de micromina, e Xela contra o Dragón Traga-verbas (Títeres Cachirulo).
A barca do inferno, de Nauta Teatro; Raio The Loubican, de micromina, e Xela contra o Dragón Traga-verbas (Títeres Cachirulo) competirán polo premio de nova creación para os espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
Un total de 15 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares. Así se anunciou na tarde deste mércores na tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia, en Compostela. O acto, que foi conducido pola actriz Arantxa Treus, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; o concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín, e Lidia Costa e Fátima Sieira, representantes de AISGE.
Relación de finalistas por montaxes
Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego (9 finalistas): dirección (Marta Pazos), dirección de movemento (Rut Balbís), actor secundario (Toni Salgado), actor secundario (Xosé Manuel Esperante), actriz secundaria (Camila Bossa), espazo escénico (Blanca Añón), texto orixinal (Avelina Pérez), vestiario (Pier Paolo Álvaro) e iluminación (Nuno Meira).
As que limpan, de A Panadaría (9 finalistas): espectáculo, dirección (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman), dirección de movemento (Clara Ferrão), actriz protagonista (Noelia Castro), actriz secundaria (Areta Bolado), actriz secundaria (Ailén Kendelman), espazo sonoro (Ailén Kendelman), maquillaxe (Esther Quintas) e texto orixinal (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro)
Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro (6 finalistas): actor protagonista (Josito Porto), actriz protagonista (Belén Constenla), actor secundario (Adrián Ríos), espazo escénico (Pablo Giráldez ‘O Pastor’), espazo sonoro (Mon Orencio) e maquillaxe (Baia Fernández).
O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas (6 finalistas): espectáculo, adaptación-tradución (Quico Cadaval e Pepe Sendón), actriz protagonista (Patricia Vázquez), actor protagonista (Víctor Mosqueira), actor secundario (Evaristo Calvo) e vestiario (Carlos Alonso).
Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante (5 finalistas): dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Melania Cruz), espazo sonoro (Vadim Yukhnevich), texto orixinal (Marianella Morena e Tito Asorey) e iluminación (Laura Iturralde).
A Peste, do CDG (4 finalistas): adaptación-tradución (Cándido Pazó), actriz secundaria (María Roja), espazo escénico (Dani Trillo) e vestiario (Martina Cambeiro)
O Deus do Pop, de Diego Anido (4 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Diego Anido), dirección de movemento (Guillermo Weickret e Diego Anido) e iluminación (Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda)
Ragazzo, de Barrosanta (2 finalistas): adaptación-tradución (Lali Álvarez, Xavier Castiñeira e Anxo Outumuro) e actor protagonista (Anxo Outumuro).
Papagena, de ButacaZero (1 finalista): maquillaxe (Diego Valeiras)
Wombo Combo, de Galeatro (1 finalista): espectáculo infantil
Ninja, de Teatro Ghazafelhos (1 finalista): espectáculo infantil
A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro (1 finalista) espectáculo infantil
A barca do inferno, de Nauta Teatro (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
Raio The Loubican, de micromina (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
Xela e o Dragón Traga-Verbas, de Tïteres Cachirulo (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas