Castelao, punto de unión entre Galicia e Cuba nunha exposición da Universidade da Habana

O pasado 28 de xuño inaugurouse a exposición "Castelao-Cuba, Cuba-Castelao" organizada pola Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana © Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

A mostra afonda na relación entre Galicia e Cuba dende o século XIX e faino a través das obras, da figura e do pensamento de Castelao, recollendo especialmente as impresións que no intelectual rianxeiro deixou a visita realizada á illa no ano 1938

O pasado 28 de xuño, coincidindo co aniversario do referendo de aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936, inaugurouse na Galería L da Universidade da Habana a exposición "Castelao-Cuba, Cuba-Castelao" organizada pola Cátedra de Cultura Galega desta institución universitaria. 

A mostra afonda na importante relación cultural e social existente entre Galicia e Cuba dende o século XIX e faino a través das obras, da figura e do pensamento de Castelao, recollendo especialmente as impresións que no intelectual rianxeiro deixou a visita realizada á illa no ano 1938. A mostra, cuxa curadoría correspondeu a Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra, e Lisset Hernández, directora de Artes Plásticas de Extensión Universitaria e da Galería L, poderá visitarse ata o vindeiro 28 de xullo.

A mostra está organizada en dúas partes: 'Castelao en Cuba', que percorre a súa traxectoria anterior e 'Cuba en Castelao' que inclúe os Debuxos de negros

A exhibición está organizada en dúas partes: 'Castelao en Cuba', que percorre a súa traxectoria profesional, o Álbum Nós (1931) e as súas Estampas de Guerra (1937-1938); e en segundo lugar 'Cuba en Castelao' que inclúe os Debuxos de negros (1939), un conxunto de doce láminas que realizou entre a súa estadía en Cuba e nos meses seguintes, cando regresou a Nova York.

A pesar de ser creados en Cuba estes Debuxos de negros só foron expostos no país unha vez, en 1975, baixo a dirección de Xosé Neira Vilas

Nove das láminas da serie recollen figuras de músicos, individuais ou en grupo, bailarinas e comparsas dos caravais de Cuba. Outra representa un vendedor de lotería, outra un negro no inverno neoiorquino (Negriño en Nueva York), debuxada -ou esbozada- nesta cidade, e outra unha muller e un meniño de claros riscos orientais, probablemente tamén creada en Nova York Todos eles están realizados a augadas de tinta chinesa sobre papel e consérvanse no Museo de Pontevedra. "Parece oírse a música dos tambores e os cánticos que acompañan bailes cheos de ritmo", apuntou Arantxa Fernández Crespo sobre Debuxos de negros.

Exposición "Castelao-Cuba, Cuba-Castelao" © Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

Castelao chegou a Cuba o 11 de novembro de 1938. Dende a súa chegada ao país "a súa actividade foi desbordante así como a atención brindada pola prensa, especificamente nos xornais de corte esquerdista 

Estas imaxes son o centro da mostra, e a súa peculiaridade "radica na súa expresión unicamente plástica", pois neles "a palabra desaparece e as estampas énchense de contrastes de luz e sombra, voluptuosos escorzos, liñas e torsións imposibles", destaca a Cátedra de Cultura Galega. A pesar de ser creados en Cuba estes Debuxos de negros só foron expostos no país unha vez, en 1975, no Instituto de Literatura e Lingüística, baixo a dirección de Xosé Neira Vilas.

Castelao chegou a Cuba o 11 de novembro de 1938, dende Nova York, convidado por Gerardo Álvarez Galego, que estaba exiliado na Habana desde o comezo da Guerra Civil, e durante a súa estadía Castelao relacionouse con diferentes personalidades e institucións. Ademais, participou na campaña das eleccións ao Centro Gallego da Habana apoiando á Hermandad Gallega.

'Castelao-Cuba, Cuba-Castelao' constitúe a representación simbólica e visual desa viaxe, onde se poden observar algúns dos debuxos expostos no país por Castelao, así como a impresión que a cultura cubana deixou nel. 

Dende a súa chegada ao país "a súa actividade foi desbordante así como a atención brindada pola prensa, especificamente nos xornais de corte esquerdista como Hoy, El Mundo, Pueblo, Bohemia e revistas de índole máis intelectual", sinala a Universidade. “Quizás hay en lo cubano más galleguismo del que se advierte a primer golpe, sangre gallega corre a torrentes válidos por los hombres y mujeres de la isla”, escribía Hoy.

'Castelao-Cuba, Cuba-Castelao' constitúe a representación simbólica e visual desa viaxe, onde se poden observar algúns dos debuxos expostos no país por Castelao, así como a impresión que a cultura cubana deixou nel. 

Cartel da exposición sobre Castelao e Cuba © Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.