O obxectivo do certame é "descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural"
Dende hai anos o alumnado de centros de ensino de Galicia e Portugal participan no certame fotográfico Imaxes do patrimonio, organizado pola asociación Ponte... nas ondas!, co obxectivo de reunir fotografías antigas que amosasen actividades e persoas doutro tempo, unha achega á preservación do patrimonio inmaterial dunha e doutra beira do río Miño e que afonda sobre todo no seu coñecemento polas xeracións máis novas en forma de actividade pedagóxica. O obxectivo declarado do certame é "descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural"
Os gañadores e gañadoras da sexta edición do certame déronse a coñecer esta fin de semana no marco do congreso “Ponte entre escola e sociedade”, impulsado pola asociación e que se celebrou en Ourense. Ducias de escolas galegas e portuguesas participaron na recollida de imaxes e aulas dos concellos de Ourense, Curtis, Teo, Tui, Santiago de Compostela, Salceda de Caselas, Ames, Barbadás, Vigo, Noia, Ponteceso, Salvaterra de Miño e Bergondo, en Galicia, ou de Paredes e Guimarães, en Portugal, resultaron gañadoras do concurso.
Aulas dos concellos de Ourense, Curtis, Teo, Tui, Santiago de Compostela, Salceda de Caselas, Ames, Barbadás, Vigo, Noia, Ponteceso, Salvaterra de Miño e Bergondo, en Galicia, ou de Paredes e Guimarães, en Portugal, resultaron gañadoras do concurso
Na categoría de ensino primario o gañador foi Julio Fernández Gallega, do CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense coa fotografía 'O Xaneiro', tirada en 1931. O seu bisavó Julio Janeiro Guntiñas, máis coñecido por “O Xaneiro”, atopábase traballando xunto aos seus compañeiros en Talleres Melo, no Barco de Valdeorras. Talleres Melo dedicábase á fabricación de material agrícola e na foto 'O Xaneiro' está sacando unha pa labrega do forno de fundición cunhas tenazas.
Na categoría de ensino secundario a gañadora foi Martina González Rodríguez, do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas), cunha imaxe de 1940 na que se ve un grupo de mulleres do Carballiño mazando polbos para máis tarde secalos e así poder conservalos ata o día da feira. Na fotografía aparece a súa bisavoa Sira.
O segundo premio na categoría de ensino primario foi para Alexandra Pedreira Fernández, do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), cunha fotografía do seu bisavó José Pedreira, músico de profesión integrado no exército franquista na Batalla do Ebro en Teruel, onde sempre levaba a súa gaita con el.
Curiosamente, outro dos premios tamén foi para unha imaxe da Guerra Civil, tirada non moi lonxe, en Lleida, un pouco despois do remate da Batalla do Ebro. Vera Castro González, do IES de Curtis, presentou unha fotografía, Os Irmáns, que amosa o seu bisavó Ramón Andrés, e o seu irmán, Eduardo. Curiosamente, cada un loitaba en bandos distintos sen sabelo, pois vivían separados. Conseguiron xuntarse grazas á familia, que os avisaron por carta de que estaban no mesmo lugar.
A importancia de estreitar relación entre patrimonio e educación abriu o debate no congreso internacional “Patrimonio inmaterial e educación. Ponte entre escola e sociedade”
A importancia de estreitar relación entre patrimonio e educación abriu o debate no congreso internacional “Patrimonio inmaterial e educación. Ponte entre escola e sociedade”, un evento no que tamén se debateu a relevancia do modelo de Ponte nas Ondas, recoñecido recentemente pola Unesco como exemplo internacional. Ademais, anunciouse que a Xunta abre o prazo para que os centros incorporen ás súas aulas o modelo