A incorporación desta acción ao sistema educativo farase a través dunha convocatoria aberta a todos os centros públicos que, de xeito experimental, contempla a adhesión nunha primeira fase de ata 20 centros públicos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Os seleccionados pasarán a formar parte da Rede de centros Ponte... nas Ondas!
O modelo de boas prácticas Ponte...nas Ondas!, que recentemente foi recoñecido internacionalmente pola UNESCO, vaise estender no ensino galego. Este xoves o Consello da Xunta avaliou un informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sobre a implantación deste modelo que ten como finalidade a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante a sensibilización das xeracións máis novas desde a escola con actividades culturais e pedagóxicas.
A incorporación desta acción ao sistema educativo farase a través dunha convocatoria aberta a todos os centros públicos que, de xeito experimental, contempla a adhesión nunha primeira fase de ata 20 centros públicos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Os seleccionados pasarán a formar parte da Rede de centros Ponte... nas Ondas!
Deste xeito, Galicia "será pioneira en contar con centros que traballan cun modelo de boas prácticas recoñecido pola Unesco, e que vai ser referencia a nivel internacional, pois non existe actualmente ningunha rede de ensino formal deste tipo impulsada desde un goberno", salienta a entidade.
Galicia "será pioneira en contar con centros que traballan cun modelo de boas prácticas recoñecido pola Unesco, e que vai ser referencia a nivel internacional, pois non existe actualmente ningunha rede de ensino formal deste tipo impulsada desde un goberno", salienta a entidade
A radio, especialmente a súa práctica nos centros de ensino a cargo da rapazada, a defensa do patrimonio material e sobre todo o inmaterial e os lazos coa Lusofonía, tendendo unha ponte sobre os límites -físicos e mentais- que separan Galicia e Portugal, veñen marcando a actividade de Ponte...nas Ondas! nas últimas tres décadas. O traballo da asociación foi amplamente recoñecido por todo tipo de galardóns e recoñecementos de alto nivel.
Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos de escolas de Galicia e Portugal teñen participado nos certames de Recolla do Patrimonio Inmaterial, Xornadas Multimedia ou Días Mundiais da Radio, entre outros eventos e actividades organizados pola Asociación. En decembro de 2022 Ponte...nas Ondas! foi recoñecida pola UNESCO como modelo de boas prácticas co PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial) sendo incluída no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO. A candidatura foi presentada por parte de Portugal e España e é a primeira inscrición para Portugal e Galicia.
Congreso sobre Patrimonio inmaterial e educación
Os vindeiros 16, 17 e 18 de novembro Ourense e Vilarelho da Raia (Chaves) acollerán o 6º Congreso internacional Patrimonio inmaterial e educación. Ponte entre escola e sociedade, unha cita que coincide co vinte aniversario da aprobación da Convención de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO
Así mesmo, os vindeiros 16, 17 e 18 de novembro Ourense e Vilarelho da Raia (Chaves, Portugal) acollerán o 6º Congreso internacional Patrimonio inmaterial e educación. Ponte entre escola e sociedade, unha cita que coincide co vinte aniversario da aprobación da Convención de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. As actividades terán lugar principalmente na Facultade de Educación e Traballo Social do campus ourensán.
O encontro, no que participan primeiras figuras do patrimonio mundial, busca reflexionar sobre os efectos da aplicación desta Convención despois de dúas décadas de funcionamento, e tamén sobre o papel da educación superior na identificación, valoración, interpretación e dinamización do patrimonio cultural inmaterial a través da educación, entendida esta nunha perspectiva holística. O Congreso está organizado por Ponte nas Ondas, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, a Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo e a Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro (UTAD) en colaboración con outras institucións e entidades.
A cita servirá para visibilizar “que o ensino primario e secundario está a traballar co patrimonio inmaterial, que non é só cousa das universidades e dos especialistas, senón tamén das escolas”, salientou na súa presentación Santiago Veloso
A cita servirá para visibilizar “que o ensino primario e secundario está a traballar co patrimonio inmaterial, que non é só cousa das universidades e dos especialistas, senón tamén das escolas”, salientou na súa presentación Santiago Veloso, presidente da asociación cultural e pedagóxica, que engade que “desde a propia ilustración do cartel, simbolízase esa ponte entre a escola e a sociedade, que é o que vimos facendo humildemente desde PNO! desde hai anos, dinamizando, coa radio e as novas tecnoloxías, o patrimonio inmaterial desde a comunidade educativa, e integrando ese patrimonio no interior das aulas”.
O Congreso servirá tamén de encontro para a creación dunha rede de experiencias no ámbito do Patrimonio Cultural Inmaterial á que están convidadas case un cento de entidades (museos, asociacións, etc) dos concellos da raia
O Congreso servirá tamén de encontro para a creación dunha rede de experiencias no ámbito do Patrimonio Cultural Inmaterial á que están convidadas case un cento de entidades (museos, asociacións, etc) dos concellos da raia, co obxectivo de que “a xente se coñeza, intercambien experiencias, se realicen formacións e, en definitiva, sexa útil para a sociedade”, salientou o profesor Xerardo Pereiro, da Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro. Igualmente presentarase o avanzado proxecto de creación dun Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial na alfándega de Valença do Minho.
Ao fío do Congreso, esta semana presentouse tamén no Concello de Ourense un evento paralelo, dirixido ao público infantil, no que máis de 200 escolares de Primaria coñecerán unha ampla mostra de xogos tradicionais
Ao fío do Congreso, esta semana presentouse tamén no Concello de Ourense un evento paralelo, dirixido ao público infantil, que terá lugar de 11 a 13 horas, na Praza Maior, e no que máis de 200 escolares de Primaria coñecerán unha ampla mostra de xogos tradicionais, que aprenderán a practicar coa axuda de monitores. Lembramos que o Congreso ten como sede a Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense –edificio de Ferro, que acollerá tamén a mostra “Imaxes do Patrimonio”, e unha exposición do 20 aniversario da Convención da Unesco de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial.