A serie Rapa e as longametraxes O corno e Matria son as producións con máis candidaturas finalistas na XXII edición dos Premios Mestre Mateo, que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Os filmes Salta e Fatum suman 9 e 5 candidaturas respectivamente. Os e as finalistas anunciáronse este mércores pola tarde nun acto celebrado no museo MEGA da Coruña e presentado por Lucía Veiga e Denís Gómez. As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 23 de marzo no Coliseum da cidade herculina.
As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 23 de marzo no Coliseum da Coruña
'Rapa' (Portocabo) compite na categoría de mellor serie de televisión con outra serie da mesma produtora, ‘Os argonautas e a moeda de ouro’, con ‘Motel Valkirias’ de CTV e ‘Saudade de ti’ de Voz Audiovisual. En canto á categoría de mellor longametraxe, as finalistas son ‘O corno’, ‘Matria’, ‘¡Salta! e ‘Fatum’ e os seus directores e directoras -Jaione Camborda, Álvaro Gago, Olga Osorio e Juan Galiñanes- compiten tamén polo premio á Mellor Dirección. Os nomes dos tres primeiros volven aparecer como finalistas polos guións dos filmes, no caso de Olga Osorio xunto con Araceli Gonda; O traballo de Pepe Coira e Fran Araújo en ‘Rapa’ completa as candidaturas.
Na categoría de mellor longametraxe, as finalistas son ‘O corno’, ‘Matria’, ‘¡Salta! e ‘Fatum’ e os seus directores e directoras -Jaione Camborda, Álvaro Gago, Olga Osorio e Juan Galiñanes- compiten tamén polo premio á Mellor Dirección
‘Rapa’ tamén coloca a seis dos seus intérpretes como finalistas nas categorías de interpretación: Iolanda Muíños, Melania Cruz e Federico Pérez Rey en papeis de reparto e Mónica López, Javier Cámara e Darío Loureiro nos papeis protagonistas. Pola súa banda, ‘Matria’ obtén catro candidaturas: para a súa actriz protagonista, María Vázquez, e para Susana Sampedro, como actriz de reparto, así como para Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” e Santi Prego como actores de reparto.
‘O corno’ conta con tres finalistas de interpretación: Carla Rivas e Diego Anido en papeis de reparto e Janet Novás como protagonista. Completan o listado o gañador do Mestre Mateo á Mellor interpretación masculina protagonista en 2023, Tamar Novas, polo seu papel en ‘¡Salta!’ e Luis Tosar, polo seu traballo en ‘Fatum’.
Outras producións
Nove curtametraxes, cinco de imaxe real e catro de animación, foron seleccionadas como finalistas. ‘Antes de que se poña o sol’, ‘Nena’, ‘O coidado’, ‘O neno sardiña’ e ‘Ulises’ competirán polo trofeo que as acredite como Mellor curtametraxe de imaxe real. Pola súa banda, ‘Illa cordura’, ‘In half’, ‘O monstro e a nena’ e ‘To bird or not to bird’ competirán polo Mestre Mateo á Mellor curtametraxe de animación.
As candidatas a seren recoñecidas como Mellor documental son ‘A viaxe de Lucy’, ‘Chichi e máis eu’, ‘Emoción, vida y teatro-A nave das Marías’ e ‘Os espazos en branco’.
Completan as candidaturas desta vixésimo segunda edición dos premios, as finalistas nas categorías de Mellor serie web e Mellor videoclip. Na categoría de serie web compiten dous traballos de ficción, ‘A arte de ser mal pai’ e ‘Terapia de’, un de animación, ‘Bechos’, e un documental, ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós’. As candidatas a mellor videoclip son: ‘A pequena morte’ de Caamaño & Ameixeiras, ‘Fai tempo’ de The Rapants, ‘Oliveira dos cen anos’ de C. Tangana e ‘Ruando Crónicas d’Ardén-cap 2’ de Mondra.
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO
- ARDE LVCVS MMXXIII MBC Servicios Audiovisuales, SL
- CHAMA A MIÑA NETA Recados Carmen para Balidea e Universidade de Vigo
- GRACIAS Metronoventa Creatividade e Produción Publicitaria, SL
- HEATHER SMALL-LAS ESTRELLAS DEL CAMINO Kaito Estudios, SL
MELLOR CURTAMETRAXE
- ANTES DE QUE SE POÑA O SOL Nani Matos
- NENA Undodez e Mordisco Films
- O COIDADO Miguel Canalejo
- O NENO SARDIÑA Cósmica Producións
- ULISES Gaitafilmes
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
- ILLA CORDURA Mario Fernández Filloy
- IN HALF Jorge Morais
- O MONSTRO E A NENA Jorge J Costas
- TO BIRD OR NOT TO BIRD Abano Producións, SL, Uniko Estudio Creativo, SL
MELLOR DOCUMENTAL
- A VIAXE DE LUCY Somadrome Films, TVE, TVG, Curiosity Stream
- CHICHI E MÁIS EU Ollovivo
- EMOCIÓN, VIDA Y TEATRO-A NAVE DAS MARÍAS Ecos do Sur ONG
- OS ESPAZOS EN BRANCO Seara Films coa colaboración de TVG, Xunta de Galicia, Cultura da Deputación de A Coruña e Fundación Uxío Novoveyra
MELLOR LONGAMETRAXE
- FATUM Vaca Films, Playtime
- MATRIA Daniel Froiz, María Zamora, Mireia Graell, Stefann Shmitz, Matriuska Producciones, SL
- O CORNO Esnatu Zinema, Miramemira, Elástica Films, Bando á Parte, Bulletproof Cupid
- ¡SALTA! Quien a hierro mata AIE, Vaca Films Studio, SLU
MELLOR PROGRAMA
- CINEPHILIA 172-213, Noveolas Producciones, Telemiño
- CLAC 76-104, Televisión de Galicia
- COS PÉS NA TERRA 166-168, FilmaxProducións A Fonsagrada, SL
- O GRAN CAMIÑO GRANDES RUTAS A PÉ DO MUNDO 5-8, Meteórica Cine, Alba Prol e Rául García
MELLOR SERIE DE TV
- MOTEL VALKIRIAS 1-8, CTV, SA e SPI, SA en colaboración con TVG e RTP
- OS ARGONAUTAS E A MOEDA DE OURO 1-10, Portocabo e RTVE en colaboración coa Xunta de Galicia-Agadic
- RAPA 1-6, da tempada 2, unha produción de Portocabo para Movistar Plus + coa colaboración da Xunta de Galicia-Agadic
- SAUDADE DE TI 61-120, Voz Audiovisual e Televisión de Galicia
MELLOR SERIE WEB
- A ARTE DE SER MAL PAI 1-3, Miraveo
- BECHOS 1-10, Undodez para a Televisión de Galicia
- NOSOUTRAS, AS MULLERES DA REVISTA NÓS 1-3, Nós Televisión co patrocinio da Deputación de Ourense
- TERAPIA DE 15-17, Kraken Media, SL
MELLOR VIDEOCLIP
- A PEQUENA MORTE CAAMAÑO & AMEIXEIRAS David Silva e Melania Freire
- FAI TEMPO THE RAPANTS Undodez e Anxo Beiro
- OLIVEIRA DOS CEN ANOS CTANGANA RC Celta e Little Spain
- RUANDO CRONICAS D'ARDÉN-CAP 2, MONDRA Mondra
MELLOR COMUNICADOR/A
- JUAN FUENTES Quen Anda aí?, 599-807
- LUCÍA VEIGA Malicia Noticias, 546-563
- PACO LODEIRO Atrápame se podes, 376-620
- SIMONE SAIBENE Cinephilia, 172-213
MELLOR DIRECCIÓN
- ÁLVARO GAGO Matria
- JAIONE CAMBORDA O Corno
- JUAN GALIÑANES Fatum
- OLGA OSORIO ¡Salta!
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE
- ALEXANDRA FERNÁNDEZ ¡Salta!
- ÁNGEL AMARO, SIMÓN CANOSA Motel Valkirias, 1-8
- INÉS RODRÍGUEZ Rapa, 1-6 da tempada 2
- MELANIA FREIRE O Corno
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
- JAIME PÉREZ Rapa, 1-6 da tempada 2
- LUCÍA C PAN Matria
- MAURO HERCE Sica
- RUI POÇAS AIP, ABC O Corno
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
- ANA MÍGUEZ Rapa, 1-6 da tempada 2
- JAVI LOPA Amigos hasta la muerte
- JOSÉ ALBERTO FUENTES O Corno
- NATI JUNCAL Matria
MELLOR GUIÓN
- ÁLVARO GAGO Matria
- FRAN ARAÚJO, PEPE COIRA Rapa, 1-6 da tempada 2
- JAIONE CAMBORDA O Corno
- OLGA OSORIO, ARACELI GONDA ¡Salta!
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO
- CARLA RIVAS O Corno
- IOLANDA MUIÑOS Rapa, 1-6 da tempada 2
- MELANIA CRUZ Rapa, 1-6 da tempada 2
- SUSANA SAMPEDRO Matria
MELLOR INTEPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA
- JANET NOVÁS O Corno
- LIDIA VEIGA Canto toco un animal
- MARÍA VÁZQUEZ Matria
- MÓNICA LÓPEZ Rapa, 1-6 da tempada 2
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO
- DIEGO ANIDO O Corno
- EDUARDO ALBERTO RODRÍGUEZ CUNHA "TATÁN" Matria
- FEDERICO PÉREZ REY Rapa, 1-6 da tempada 2
- SANTI PREGO Matria
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA
- DARÍO LOUREIRO Rapa, 1-6 de tempada 2
- JAVIER CÁMARA Rapa, 1-6 de tempada 2
- LUIS TOSAR Fatum
- TAMAR NOVAS ¡Salta!
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
- BÁRBARA BROUKE, LORENA CALVO E SILVIA NEIRA O Corno
- FANY BELLO, GEMMA MÁRQUEZ Rapa, 1-6 da tempada 2
- SONIA GARCÍA Matria
- SUSANA VEIRA, BEATRIZ ANTELO, ANTONIO NARANJO ¡Salta!
MELLOR MONTAXE
- CRISTÓBAL FERNÁNDEZ O Corno
- GASPAR BROULLÓN, JULIA JUANATEY, LUCIA IGLESIAS Rapa, 1-6 da tempada 2
- LU RODRÍGUEZ Fatum
- RICARDO SARAIVA Matria
MELLOR MÚSICA ORIXINAL
- CAMILO SANABRIA O Corno
- MANUEL RIVEIRO ¡Salta!
- SANTI JUL, IVÁN LAXE Os Argonautas e A Moeda de Ouro, 1-10
- XAVI FONT Rapa, 1-6 da tempada 2
MELLOR REALIZACIÓN
- ALBA PROL, RÁUL GARCÍA, JAIRO IGLESIAS The Great Way Hiking Trails of the World- O Gran Camiño Grandes Rutas a Pé do Mundo, 5-8
- GERARDO RODRÍGUEZ Malicia Noticias, 546-563
- NATALIA LÓPEZ REY Clac, 76-104
- SIMONE SAIBENE Cinephilia, 172-213
MELLOR SON
- CARLOS MOURIÑO, DAVID MACHADO, JAVIER PATO ¡Salta!
- JUAN GAY, DIEGO STAUB Rapa, 1-6 da tempada 2
- SERGIO SILVA, DAVID MACHADO O Corno
- XAVIER SOUTO, DIETO STAUB Matria
MELLOR VESTIARIO
- ALICIA DAPENA, LOLA DAPENA Rapa, 1-6 da tempada 2
- ANA LÓPEZ ¡Salta!
- MARÍA PORTO ROMERO Fatum
- UXÍA VAELLO O Corno