
Revenidas convoca o seu segundo concurso de grupos emerxentes
O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros.
O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia botou a andar a súa edición número 30. "Temos a marca, o legado dun pouso histórico, o distintivo do lugar mítico que concita a memoria colectiva da capitalidade teatral, pero cómpren novos xestos, novas forzas", destaca o seu director
Entre o venres 25 e o domingo 27 o festival celebrará a súa cuarta edición, de novo mantendo en segredo a maior parte das bandas e artestas participantes, e de novo con éxito: practicamente esgotou as 1.400 entradas postas á venda
A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei critica a decisión do Goberno central, que legaliza a transformación do monumento nun hotel, e manifesta o seu "estupor" ante a incapacidade e atrevemento dos nosos gobernantes
Ortigueira e PortAmerica, no norte e no sur, no folk e no pop-rock, son os protagonistas desta fin de semana, pero no resto do verán aínda haberá moita música: Sinsal San Simón, Resurrectin Fest, Revenidas, Noroeste Pop-Rock...
Durante todo o verán os xardíns interiores do pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acollen unha programación cultural continuada: Os Martes de Cine Social, os Mércores Miúdos, os Xoves de Cultura Aberta, e os Venres de Teatro
(S8) Mostra de Cinema Periférico e o espazo NORMAL da UDC organizan o segundo Encontro para a Creación dun Arquivo Común de Cinema Doméstico con participantes de Estremadura, Salamanca, Madrid e Galicia.
O escritor e xornalista gaña o premio literario convocado polo Concello da Estrada con 'Máscaras rotas para Sebastian Nell', unha "narración dialogada" que a partir do seu protagonista, curtido no Hollywood dos 70 e 80, percorre boa parte da historia recente
O BOE do pasado sábado publicou unha modificación da orde ministerial de cesión do inmoble á Xunta en 2010, que só permitía usos culturais. O Goberno modifica a súa propia orde para permitir o proxecto hoteleiro
A Mesa, AGAL, AELG, CTNL, CIG-Ensino, AS-PG, Galiza Cultura, Comités e Liga Estudantil asinan o manifesto, debatido o pasado xoves, que chama á sociedade civil a celebrar o Día das Letras Galegas do vindeiro ano, fronte aos actos dedicados a Filgueira Valverde, "que non pode unir ninguén".