Vero Boquete queda a un paso do ceo tras poñerlle acento galego á Champions
O Tyresö sueco cae na final da Liga de Campións malia a grande actuación da xogadora galega, que anotou un gol e deu outro.
O Tyresö sueco cae na final da Liga de Campións malia a grande actuación da xogadora galega, que anotou un gol e deu outro.
A selección saharauí de fútbol disputa varios partidos amigables contra equipos galegos nunha xira na que este combinado non oficial pretende "sensibilizar" a cidadanía sobre a situación que sofre o seu pobo e a súa loita pola liberdade.
O documental 'El tiempo futuro' conta a fazaña de Bárbara Iglesias, unha rapaza galega que destaca neste minoritario deporte de inverno malia ter a pista máis cercana a máis de 1.700 quilómetros de distancia. Unha campaña de mecenado busca financiamento para rematar a fita.
Unha reportaxe na prestixiosa revista norteamericana EightbyEight destaca a importancia da política, da identidade e da lingua no fútbol español e repara na relevancia do galego e da cultura propia para entender o balompé no país.
O atleta galego que decidiu renunciar ás axudas públicas e deixar de representar a España e a Galicia explica os motivos que o levaron a rebelarse contra o sistema e a dar un paso nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada".
O compostelán rexeita "toda bolsa e axuda pública" e a competir coas seleccións española ou galega tras unha dura crítica "ao sistema, en concreto ao político", e "farto" da falta de axudas e da xestión dos gobernantes no ámbito social, deportivo e empresarial.
A Federación traballa en tres posibles encontros da 'Irmandiña' -dous deles contra Cataluña- para este mesmo ano, nunha iniciativa na que tiveron moito que ver Fernando Vázquez e Johan Cruyff e que non suporía gasto ningún para a Xunta.
O 28 de decembro de 2008 a selección galega disputou o seu último partido, xusto antes de que a Xunta impedise que continuase a xeira de encontros iniciada en 2005. O colectivo Siareiros Galegos mantén aceso o lume da Irmandiña mentres a Federación Galega de Fútbol traballa na recuperación do combinado absoluto para 2014. Vídeo no interior
A Plataforma Pro-Oficialidade Galega homenaxea este sábado a Pilar Neira pola súa "incansable loita" pola "dignificación do deporte feminino e polo dereito do país a ter seleccións propias". A ex futbolista e adestradora confía en recuperar o partido de Nadal para Galicia o vindeiro ano.
Anuncia que non se presentará á reelección logo de perder o apoio dos accionistas na última xunta. "O deportivismo quere un cambio", di quen marcha do club coruñés logo dunha exitosa colleita deportiva pero deixando a entidade nunha precaria situación económica e institucional.