Deportes
O Deportivo xustifica prohibir preguntas sobre o conflito coa bancada malia as duras críticas
Denuncia "insultos e presións" aos seus futbolistas, motivo polo que di que decidiu que só respondan "a cuestións estritamente deportivas" e non sobre as diferenzas entre parte da afección e o club. O Colexio de Xornalistas ou a Asociación da Prensa da Coruña rexeitan a actitude "fóra de lugar" da entidade, que non dá marcha atrás.
O conflito no Dépor tingue Riazor de laranxa e o club responde censurando a prensa
A protesta contra as condicións para abonarse ao fondo de Marathon Inferior muda a cor das bancadas e silencia o estadio no regreso do equipo é elite oito anos despois. O Deportivo veta as preguntas sobre o problema entre a directiva e parte da afección.
Non é parte do xogo?
Nanina Santos Castroviejo
90 anos sen Bebel García, o futbolista do Deportivo fusilado por "idealista"
O relato que lle dedicou Eduardo Galeano en 2008, que conta a mexada que botou ante o pelotón de fusilamento, deitou luz sobre unha figura ata daquela case esquecida e sobre a brutal represión na comarca da Coruña da que foi unha vítima máis. Unha investigación localizou hai dous anos a foxa onde está enterrado no cemiterio de Santo Amaro canda 250 represaliados máis.
Nación, fútbol e política
Xoán Antón Pérez-Lema
Da euforia ao enfado: "Indignación" deportivista polos requisitos para abonarse á bancada máis popular
O endurecemento das condicións para renovar o abono en Marathon Inferior, fondo onde se sitúan os ultras, amola boa parte da afección que desbordaba xúbilo tras o ascenso. O club, que obriga a maior identificación e control nesa bancada e prohibe "reivindicacións alleas ao feito deportivo", sofre duras críticas, tamén polas formas, e prepárase para protestas contra a directiva e Abanca, dona da entidade.
Borja Iglesias, outro galego no cumio do fútbol
Borja Iglesias únese a Teresa Abelleira na exclusiva lista de futbolistas galegos ou galegas campións do mundo, que inclúe catro que o fixeron co Uruguai hai case un século. O compostelán gañou un Mundial e hai tempo o respecto de moita cidadanía que lle recoñece a valentía para denunciar racismo, xenofobia ou violencia, unha actitude nada habitual entre futbolistas e que onte repetiu cun frío e simbólico saúdo a Trump.
Galicia volve con tres trofeos dos mundiais de fútbol gaélico
As seleccións feminina A e masculina A acadaron a vitoria na copa Shield, e a selección feminina B foi campioa na segunda división nos World Games 2026 celebrados en Irlanda.
Catro Galicias nos World Games de fútbol gaélico
As seleccións masculina e feminina volven á competición internacional en Irlanda con cadanseus equipos A e B do 13 ao 17 de xullo tras lograren completar o financiamento para participar
40 anos do Mundobasket 86: os días que Tkachenko foi un ferrolán máis
Entre o 5 e o 10 de xullo de 1986 Ferrol acolleu os partidos do grupo B da primeira fase do Campionato do Mundo de Baloncesto, o Mundobasket'86. Pola cidade naval pasaron as seleccións de Cuba, Uruguai, Australia, Israel, Angola e, sobre todo, da URSS. Unha intensa semana con 15 partidos que deixou un feixe de anécdotas e multiplicou a xa importante afección polo baloncesto na comarca.
O Dépor xa é 'da' Coruña: o 79% vota a prol do nome galego e legal da cidade
O 79,4% das persoas que participaron na consulta vinculante convocada polo club apoiaron o uso da forma galega da cidade e a participación superou o 50%. Alberto Pombo, profesor e director do IES Rafael Dieste e un dos impulsores da iniciativa Aquí Tamén Se Fala que iniciou a campaña para a mudanza do nome, di que "esta decisión vai moito máis alá dun cambio de denominación. É a materialización dun sentimento que levaba anos vivo na rúa, na bancada e na memoria colectiva da cidade"