Louzán, favorito para presidir a RFEF malia a súa sentenza de inhabilitación, que o podería apartar do cargo
O actual presidente da Federación Galega de Fútbol ten o apoio da maioría dos dirixentes autonómicos, pero contra el pesa unha sentenza de inhabilitación de sete anos de duración para exercer un cargo público por un delito de prevaricación, que Louzán recorreu ante o Supremo. Os estatutos da Federación Española de Fútbol recollen a imposibilidade de ocupar o posto nesta situación, se a condena é firme.