Catro Galicias nos World Games de fútbol gaélico
As seleccións masculina e feminina volven á competición internacional en Irlanda con cadanseus equipos A e B do 13 ao 17 de xullo tras lograren completar o financiamento para participar
As seleccións masculina e feminina volven á competición internacional en Irlanda con cadanseus equipos A e B do 13 ao 17 de xullo tras lograren completar o financiamento para participar
Entre o 5 e o 10 de xullo de 1986 Ferrol acolleu os partidos do grupo B da primeira fase do Campionato do Mundo de Baloncesto, o Mundobasket'86. Pola cidade naval pasaron as seleccións de Cuba, Uruguai, Australia, Israel, Angola e, sobre todo, da URSS. Unha intensa semana con 15 partidos que deixou un feixe de anécdotas e multiplicou a xa importante afección polo baloncesto na comarca.
O 79,4% das persoas que participaron na consulta vinculante convocada polo club apoiaron o uso da forma galega da cidade e a participación superou o 50%. Alberto Pombo, profesor e director do IES Rafael Dieste e un dos impulsores da iniciativa Aquí Tamén Se Fala que iniciou a campaña para a mudanza do nome, di que "esta decisión vai moito máis alá dun cambio de denominación. É a materialización dun sentimento que levaba anos vivo na rúa, na bancada e na memoria colectiva da cidade"
As persoas socias e abonadas participan desde este mércores na consulta que ratificará a mudanza asumida pola entidade logo de anos de demandas e unha intensa campaña de Aquí Tamén Se Fala. As peñas piden votar a prol do topónimo oficial, "pola opción que une identidade, respecto e coherencia".
A vila mariñá acolle o festival De Cabo a Cabo coincidindo coa estrea da selección caboverdiana nun Mundial contra o combinado español este vindeiro luns. Baiuca será o principal atractivo dun evento que busca "celebrar a riqueza que supón convivir con culturas diferentes".
O épico ascenso do Básquet Coruña sitúa tres equipos galegos na ACB por primeira vez desde 1994. Na máxima categoría feminina tamén haberá tres representantes do país, que non contaba con seis clubs na elite desde hai 34 anos.
Celta e Deportivo viven un excelente momento social, con afeccións masivas e forte vinculación local, mentres a bancada do Breogán acumula eloxios polo ambiente nun Pazo que é a cancha con maior asistencia da ACB. Falamos con Manuel González Ramallal, sociólogo experto en deporte, para afondar no bo momento arredor dos principais clubs de Galicia.
O club fundado no ano 2014 por un grupo de seareiros despois da desaparición do equipo histórico da cidade e xestionado democraticamente por eles acada o ascenso á Primeira Federación. Os unionistas derrotaron o Conquense 0-2 e desataron a euforia na Praza Maior de Ourense.
Edicións do Cumio vén de publicar Mundial 2026. A guía definitiva, 48 páxinas con toda a información sobre o torneo e as seleccións participantes e que inclúe 500 adhesivos para ir completándoa a medida que avanza a competición. Realizada por Iker Biguri e Ignacio Hernández, ofrece a posibilidade de "gozar do fútbol e a literatura dun xeito atractivo e didáctico"
O ascenso do equipo coruñés permite o regreso do encontro de rivalidade nun excelente momento deportivo, económico e social para ambos clubs. O conxunto vigués suma a súa etapa máis lonxeva na máxima categoría e volve xogar en Europa; os branquiazuis volven entre os grandes con ánimos e forza renovada.
Ninguén lles quitou a festa dos fuciños. Tras impoñerse 0-2 ao Valladolid no que que virou final polo ascenso o Deportivo da Coruña xa voa, como o animou a afección nos últimos partidos en Riazor, despois de oito anos que supuxeron a peor época da historia do club
O deportivismo votará desde ese día e ata o 21 de xuño nunha consulta vinculante na que poderán participar persoas socias a partir dos 12 anos, que deberán elixir entre "manter a nomenclatura actual" ou "adecuar o nome e os elementos gráficos á toponimia oficial da cidade". O club convoca unha xunta extraordinaria só dous días despois da votación para certificar o cambio.