A protesta contra Israel marca a chegada da Vuelta a Mos e eleva a liorta política
Ao igual que sucedeu o domingo, están previstas mobilizacións en distintos puntos do percorrido da carreira, como Poio, Pontevedra, Soutomaior, o Alto da Groba, Tui e na meta no Castro de Herville. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López (PP), pide que non haxa accións de protesta contra o equipo pro-israelí e responsabiliza o BNG, que volve salientar o seu apoio á denuncia do xenocidio.