
O Celta aparta temporalmente a Santi Mina do equipo tras ser condenado a catro anos de cadea por abuso sexual
O club ábrelle expediente disciplinario logo da sentenza que lle impón ao futbolista unha indemnización de 50.000 euros e a prohibición, durante doce anos, de achegarse a menos de 500 metros da vítima ou comunicarse con ela. A defensa do xogador recorrerá, ao igual que a acusación, que pedirá prisión provisional para o dianteiro.