O Liceo toca a gloria cun novo título de Liga
O equipo máis laureado de Galicia celebra o seu 50º aniversario acadando o seu oitavo campionato ligueiro tras vencer o Reus (2-5) no terceiro partido da final e romper a hexemonía do Barcelona, que gañara as oito anteriores edicións.