O Baxi Ferrol mantén vivo o soño da Eurocup tras caer só por tres puntos na ida
O equipo ferrolán perde 75-78 ante o ESBVA francés nunha Malata ateigada e entregada e deixa todo aberto para o partido de volta do vindeiro 2 de abril.
O equipo ferrolán perde 75-78 ante o ESBVA francés nunha Malata ateigada e entregada e deixa todo aberto para o partido de volta do vindeiro 2 de abril.
Unha modificación final das notas dalgunhas sedes acabou por prexudicar o recinto vigués, que fora seleccionado entre os once elixidos xunto a Riazor, e beneficiando a Anoeta, segundo unha información de El Mundo. Caballero pide a Louzán "explicacións inmediatas".
Ante o ASVEL Lyon, o 'Uni' fixo valer a ampla diferenza acadada no partido de ida (93-62) e aínda que perdeu o partido (74-63), logrou o pase á súa primeira final europea no ano do seu debut continental. As ferrolás enfrontaranse na final a outro equipo francés, Villeneuve d'Ascq, nun choque a dobre partido (a ida o 26 de marzo en Ferrol e a volta o 2 de abril en Francia)
Mane, xogador senegalés do filial do Deportivo, foi atendido por ansiedade logo do insulto dun futbolista do filial do Racing de Santander. Omar Ouhdadi, do equipo carballés, foi increpado gravemente por un grupo de afeccionados do Real Ávila.
O canadiano Derek Gee fíxose coa clasificación xeral, por diante do italiano Davide Piganzoli e do dinamarqués Magnus Cort, que se fixo con tres etapas, entre elas a derradeira, con final en Santiago e varios treitos de camiños de terra. O tempo por fin acompañou á proba galega, que aspira a ascender de categoría o vindeiro ano e tamén a buscar outras datas para a súa celebración.
Andrés Rico, de 68 anos, morreu tras máis de dous meses no hospital a consecuencia das lesións sufridas en Sanxenxo tras mediar de xeito pacífico ante a actitude dun home cara ao colexiado de 15 anos. Hai só uns días, a nai dunha árbitra de 13 anos denunciou o "acoso" sufrido pola súa filla durante un partido de prebenxamíns.
Unha muller denuncia a situación “terriblemente agresiva” vivida pola súa filla nun partido de prebenxamíns na Coruña.
O tribunal exonera o ex-presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, que cargaba cunha condena de sete anos de inhabilitación para ocupar un cargo público.
O 26 de febreiro comeza en Portugal O Gran Camiño, a volta ciclista galega que nos últimos anos gañou a admiración internacional polo deseño do seu percorrido e a súa realización televisiva. Falamos co seu director, Ezequiel Mosquera, que destaca o obxectivo de que a proba suba de categoría a partir do ano que vén.
O Culturgal acolle a presentación de A gran final. Contos e contas do fútbol galego (Positivas). Trátase dun libro colectivo, coordinado por Xaquín Núñez Sabarís, con 22 textos, obra de escritores e escritoras e xornalistas, pero tamén de futbolistas e ex-futbolistas como Álex Bergantiños, Vero Boquete, Eduardo Berizzo, ou Sergio Álvarez
O actual presidente da Federación Galega de Fútbol ten o apoio da maioría dos dirixentes autonómicos, pero contra el pesa unha sentenza de inhabilitación de sete anos de duración para exercer un cargo público por un delito de prevaricación, que Louzán recorreu ante o Supremo. Os estatutos da Federación Española de Fútbol recollen a imposibilidade de ocupar o posto nesta situación, se a condena é firme.