O K4 500 feminino de Teresa Portela e Carolina García entrou directamente na final, ao haber menos participantes na súa modalidade. Será a sétima final olímpica de Teresa Portela en sete xogos
Pleno galego na primeira xornada de piragüísmo en augas tranquilas nos Xogos de París. Os e as palistas galegas demostraron estar entre os mellores das súas respectivas modalidades e clasificáronse sen dificultades para as semifinais, carreira que dá entrada nas finais e na loita polas medallas.
Ademais, o K4 500 feminino de Teresa Portela e Carolina García entrou directamente na final, ao haber menos participantes na súa modalidade. Será a sétima final olímpica de Teresa Portela en sete xogos: Sidney (2000), Atenas (2004), Beixín (2008), Londres (2012), Río de Xaneiro (2016) e Toquio (2021), onde por fin acadou unha prata olímpica. Neste K4 500 tamén compite a asturiana Sara Ouzande, DGAC (Deportista Galega de Alta Competición)
O resto de competidores do país clasificáronse sen dificultades para as semifinais, carreira que dá entrada nas finais e na loita polas medallas
Tanto o K4 500 feminino coma o K4 500 masculino de Arévalo e Germade, o K2 500 masculino de Arévalo e Germade, o C2 500 de Antía Jácome 4 o C2 500 de Diego Domínguez (madrileño pero tamén considerado Deportista Galego de Alta Competición) accederon directamente ás semifinais sen necesidade de pasar pola repesca (os cuartos de final). Ademais, na maioría dos casos os seus tempos nas series estiveron entre os mellores do total de participantes.
Tan só o K2 500 feminino de Carolina García e Sara Ouzanse tivo que gañar a súa clasificación na repesca, na que se obtivo o pase con facilidade.
As seguintes citas para os e as palistas galegas serán o xoves 8 e o venres 9 pola mañá
As seguintes citas para os e as palistas galegas serán o xoves 8 e o venres 9 pola mañá. O xoves 8 o C2 500 de Diego Domínguez pelexará a partir das 11:20 por entrar na final (ás 13:20), o mesmo que o K4 500 de Arévalo e Germade ás 11:50, coa súa final prevista para as 13:50. Un pouco antes, ás 13:40 será a final do K4 500 de Teresa Portela, Carolina García e Sara Ouzande.
O venres 9 son as semifinais e final do C2 500 de Antía Jácome, do K2 500 de Arévalo e Germade e do K2 500 de Carolina García e Sara Ouzande.
Ademais, o mércores comeza a competición o pontevedrés Pablo Crespo en C1 1000 e o xoves Antía Jácome competirá nunha nova proba, desta volta individual o C1 200.