Voltar

Deportes

  • Galicia soña con recuperar o seu equipo ciclista

    O conxunto Grupo Ciclista Gallego incríbese na UCI para poder competir no vindeiro ano e á espera dun patrocinador. Blanco Villar é un dos promotores dun proxecto para recuperar o conxunto profesional co que o país contara entre 2006 e 2010 e que a Xunta deixou desaparecer.

  • O Celta saca un valioso punto de San Mamés

    O Celta empatou 1-1 este sábado pola tarde contra o Athletic de Bilbao no novo estadio de San Mamés. Adúriz adiantou o conxunto local no minuto 6 ao transformar un penalti por man de Sergi Gómez, mentres que Nolito igualou de disparo cruzado no minuto 28 da segunda metade. O colexiado Fernández Borbalán anulou un gol de Adúriz que suporía o 2-0 por fóra de de xogo inexistente no primeiro minuto do segundo tempo.

  • E se vivimos o derbi como galegos?

    Dirixentes das federacións de peñas de Celta e Deportivo reflexionan sobre a rivalidade e a posibilidade dun partido en harmonía e piden aos políticos que se impliquen nese obxectivo. Os dous soñan con poder visitar aos veciños sen ter que ser escoltados ou sen agochar as camisetas.

  • O Coruxo segue coa súa xeira triunfal na 2ºB

    O Coruxo sumou esta tarde a súa cuarta vitoria consecutiva no grupo I da segunda división B ó gañar por 2-1 ó Langreo no campo do Vao. A súa bagaxe é de catro triunfos e un empate en cinco xornadas, isto é, 13 de 15 puntos

  • A UD Ourense, a rebelión do fútbol popular

    A estrea deste novo equipo, que recolle o espírito do desaparecido Ourense, xuntou 700 seareiros nun partido da última categoría provincial. "O proxecto parte do sentimento", explica a directiva dunha entidade de accionariado popular controlado exclusivamente polos socios.