Unha ducia de casas galegas famosas (para un confinamento ou non)
O coronavirus fainos pasar moito máis tempo nas vivendas. Repasamos unha ducia das moitas casas salientables que hai por toda Galicia.
-
01Rosalía de Castro
Reinaugurada en 2017, a Casa da Matanza de Rosalía vén desenvolvendo unha intensa actividade cultural.
-
02Fidel Castro
Outro Castro naceu nesta casa de Láncara que o seu fillo Fidel acabaría visitando en 1992, como recolleu a TVG nestas imaxes, interesándose polas lousas do teito.
-
03Manuel Antonio
Nesta casa de Rianxo hoxe convertida en museo naceu Manuel Antonio. Nas súas proximidades, pero aínda sen musealizar, está tamén a casa de Castelao.
-
04Manuel María
Tamén a casa de Manuel María en Outeiro de Rei é desde 2013 un museo na súa lembranza que xestiona a súa fundación.
-
05Cunqueiro
Máis recente foi a apertura da casa museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo.
-
06Domus do mitreo
Musealizada pola USC dentro das súas dependencias en Lugo, esta domus romana é anterior á muralla e foi parcialmente derruída para a construción desta. Nela atopouse un templo dedicado a Mitra, de aí o seu nome.
-
07Cristóbal Colón
O Concello de Poio mantén esta casa museo na que segundo historiadores defensores da tese de que Cristóbal Colón era galego naceu o navegante.
-
08Carvalho Calero
Con moitos anos menos que a de Colón pero nun peor estado se atopa a casa de Carvalho Calero en Ferrol.
-
09Casa das Ciencias
Un dos primeiros museos divulgativos que optou por denominarse casa é a das Ciencias da Coruña.
-
10Picasso
Na Coruña tamén está musealizada a casa na que viviu Picasso de neno.
-
11Camilo José Cela
Nas antigas casas do canónigos de Iria Flavia, propiedade da súa familia, naceu Cela en 1916 e hoxe acollen a súa fundación.
-
12Otero Pedrayo
Outro escritor de casa señorial foi Otero Pedrayo e o seu Pazo de Trasalba.