David Reinero

Unha ducia de estampas galegas no V centenario da Habana

O 16 de novembro a cidade da Habana celebra o seu V centenario. Nestes cinco séculos son moitas as relacións entre a urbe e Galicia. Repasamos unha ducia desas estampas, algunhas das cales están presentes na exposición O soño cubano da emigración galega, organizada na capital cubana polo Consello da Cultura Galega.

  1. 01

    O Centro Gallego

    Creado en 1879, o centro foi lugar de encontro para unha emigración galega que chegou a ser o 9% da poboación total da cidade da Habana. A que foi a súa sede é hoxe o actual Gran Teatro da Habana.

  2. 03

    Negra Sombra

    Tamén o poema de Rosalía foi musicalizado e interpretado por primeira vez na Habana en 1892.

  3. 04

    Caixa de aforros

    En 1906 o Centro Gallego chegou a crear a súa propia caixa de aforros, que o Consello da Cultura Galega lembra na súa mostra con esta imaxe.

  4. 06

    Curros Enríquez

    Un dos moitos xornais galegos da Habana, La Tierra Gallega, foi dirixido por Curros Enríquez, emigrado en 1894 a aquela cidade, onde morreu en 1908.

  5. 09

    Fidel Castro

    Fillo de galegos, o 8 de xaneiro de 1959 a súa entrada na Habana simbolizou a vitoria da súa revolución contra a ditadura de Batista.

  6. 10

    Manuel Fraga

    A familia de Fraga viviu en Cuba e o presidente da Xunta nunca ocultou a súa simpatía pola illa e mesmo por Castro, ao que preparou unha queimada na Habana.

  7. 11

    Touriño

    Tras Fraga, os seguintes presidentes da Xunta tamén visitaron A Habana, como Touriño en 2007 para conmemorar o centenario do Himno Galego.