Unha ducia de fotos de familia
A irrupción de Donald Trump na foto de familia dos líderes da OTAN, abríndose paso entre xefes de Estado e afastando o presidente de Montenegro para asegurarse a chegada á primeira ringleira foi unha pouco diplomática innovación neste clásico xénero das fotos de familia que adoitan realizarse co obxectivo de deixar unha lembranza de múltiples eventos e xuntanzas. Velaquí algunhas delas.
-
01
A ansia de Trump
O presidente dos Estados Unidos non ten moito costume de agardar quenda
-
02
A entrega do Estatuto
Na véspera do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 culminaron as xuntanzas en Madrid para solemnizar a entrega do Estatuto de Autonomía de Galicia ás autoridades da II República. Na imaxe, a delegación galega nas Cortes republicanas.
-
03
O Estatuto dos 16
Corenta e tres anos despois da histórica entrega do Estatuto do 36 produciuse outra. O alcumado como Estatuto dos 16 chegou ás mans do presidente da Xunta preautonómica e unha imaxe gardou o momento para a historia do país.
-
04
A asemblea de Lugo
Antes dos retratos de familia ligados ao Estatuto houbera outros que, dalgún xeito, poden ser considerados xermolo deles. Os persoeiros das Irmandades da Fala reunidos en Lugo en novembro de 1918 deron inicio ao galeguismo e ao nacionalismo político contemporáneo. As súas elegantes imaxes tornaron xa en iconas da época.
-
05
Os gobernos
Dende os inicios da autonomía a andaina de cada Goberno galego comeza co xuramento ou promesa dos cargos e a correspondente foto de familia no salón nobre do Pazo de Raxoi.
-
06
As da memoria recuperada
O traballo de memoria histórica recupera fotos de familia tomadas en momentos de lecer ou festa que, na actualidade, cobran un sentido ben distinto.
-
07
As de familias que pasaron á historia
Algunhas fotos de familia sono en sentido estrito, retratos de persoas ligadas por vínculos familiares. No entanto, algunhas delas transcenden o privado pola transcendencia dos seus membros.
-
08
A do regreso da selección
As formacións dos equipos deportivos son, posiblemente, as fotos de familia máis frecuentes. Algunhas, no entanto, teñen unha importancia especial.
-
09
As dos triunfos
Poucas entregas de premios hai que non rematen cunha foto de familia das persoas ou entidades galardoadas. Na imaxe, unha foto de familia na gala de entrega dos Premios Martín Códax da Música.
-
10
As de infausto recordo
Algunhas fotos de familias acaban tornando en infaustos recordos. Unha delas foi a célebre foto tirada no ano 2003 nas Ilhas dos Açores con George Bush, Tony Blair e José María Aznar como protagonistas e José Manuel Durão Barroso como anfitrión para decidiren a invasión de Iraq.
-
11
As masivas
Non son poucos os eventos masivos que rematan cunha foto de familia tan masiva como o propio encontro. Coma esta cos Bolechas de protagonistas xunto a unha morea de nenas e nenos.
-
12
As da escola
Quen non ten pola casa unha imaxe co resto da súa clase nalgún curso do colexio ou do instituto? O habitual é que nesas imaxes aparezan estudantes e mais o profesorado, aínda que en ocasións hai algún convidado ben especial, como esta con Xosé Neira Vilas nunha imaxe para a lembranza.