David Reinero

Unha ducia de históricas estacións de tren de Galicia

Este venres comezou a construción da nova estación de tren de Vigo tras varios días de debates sobre as futuras intermodais de todas as cidades galegas. Repasamos unha ducia de históricas estacións de tren galegas, non todas elas activas. E algunhas que si o están, como se non o estiveran.

  1. 01

    Vigo

    A anterior estación de tren de Vigo derrubouse en 2011, despois de pouco máis de vinte anos en pé. Pero antes dela funcionou durante máis dun século un histórico edificio levantado en 1878 cuxas pedras foron desmontadas e depositadas nun espazo de Adif en Redondela onde aínda agardan por unha sempre posposta reconstrución.

  2. 02

    Cornes

    O 15 de setembro de 1873 inaugurábase a primeira liña de ferrocarril de Galicia, entre as estacións de Cornes, en Santiago, e Carril, xunto a Vilagarcía. A primeira desas estacións, inicialmente de madeira e posteriormente de pedra, quedou hai tempo afastada das actuais liñas ferroviarias e hoxe é un centro social.

  3. 03

    Carril

    A estación de Carril á que chegaba a primeira liña ferroviaria de Galicia desde Santiago é hoxe sede do Museo do Ferrocarril de Vilagarcía.

  4. 05

    A Coruña

    Como a de Santiago, tamén a estación da Coruña sufrirá cambios para adaptarse á chegada da alta velocidade, pero do mesmo xeito seguirá a manter o seu actual perfil e a súa estrutura metálica.

  5. 06

    Esteiro (Ribadeo)

    Máis alá das grandes estacións, por toda Galicia seguen a existir varias ducias de apeadeiros aínda en servizo, como este de Esteiro, en Ribadeo, o máis próximo á praia das Catedrais da moi deteriorada liña de Feve que une coa cidade de Ferrol.

  6. 07

    A Pontenova

    Entre Ribadeo e A Pontenova existiu entre 1903 e 1964 unha liña ferroviaria que hai cen anos, en 1918, se quixo estender ata o Bierzo. As súas vías, ligadas ao carbón das minas de Vilaoudriz (na imaxe poden verse ao fondo os fornos da explotación), xa non existen, pero si a antiga estación da Pontenova, hoxe oficina de turismo e centro de interpretación da pesca.

  7. 10

    Os Peares

    A dos Peares, nunha contorna notablemente recuperada nos últimos anos, é máis polo seu emprazamento que polo edificio en si, unha das estacións máis icónicas da liña ferroviaria que acompaña ao Sil e o Miño desde Ponferrada ata Vigo.

  8. 12

    Sanabria

    Non está en Galicia, onde a auténtica porta de entrada da liña con Zamora é a estación da Gudiña (de feito, a nova estación para o AVE que alí se levantará denominarase Porta de Galicia). Pero a estación de Puebla de Sanabria merece, pola súa proximidade e singularidade arquitectónica, entrar nesta ducia de estacións históricas vinculadas ao ferrocarril galego. E máis agora que en breve verá reducir os seus servizos coa construción ás aforas da vila dunha nova estación para o AVE.