David Reinero

Unha ducia de surrealistas cousas galegas de José Luis Cuerda

Morreu "divinamente, que apagarse!", como diría un dos seus personaxes, o creador José Luis Cuerda, cineasta, viticultor, surrealista e un pouco galego.

  1. 01

    Viño Sanclodio

    Se facía películas, por que non ía facer viño do Ribeiro?

    [Imaxe: @cuerda1936]

  2. 02

    Adega en Leiro

    Xunto ao río Avia, en Gomariz, instalouse hai anos un señor de Albacete. 

    [Imaxe: @cuerda1936]

  3. 03

    Casa en Boborás

    Tamén rehabilitara unha casa no veciño concello de Boborás, en Paradela, na parroquia de Moldes, con paisaxes propios dun bosque animado.

    [Imaxe: Concello de Boborás]

  4. 04

    Defensa do Castelo de Monterrei

    "Alguén con malicia, ocultamento e na crenza de que posúe poder omnímodo anda violentando as entranas do castelo de Monterrei para, desprezando a súa historia e as leis, convertelo nun inútil establecemento hoteleiro". Así falou Cuerda.

    [Imaxe: Xacobeo]

  5. 05

    El bosque animado

    Quen lle ía dicir a Wenceslao Fernández Flórez que a fraga de Cecebre ía ser tan famosa.

  6. 06

    A lingua das bolboretas

    Allariz foi a vila elixida para adaptar ao cine o libro de Manuel Rivas.

  7. 07

    Todo é silencio

    O propio Manuel Rivas sería guionista da outra adaptación dunha novela súa realizada por Cuerda.

  8. 08

    Los girasoles ciegos

    Ourense é a cidade na que transcorre estoutra adaptación cinematográfica, última colaboración de Cuerda con Rafael Azcona, que morrería en 2008.

  9. 11

    Cineuropa

    Varias das súas películas, como 'Tiempo después', tamén foron estreadas en Cineuropa.

    [Imaxe: Cineuropa]

  10. 12

    A frase galega de 'Amanece que no es poco'

    -"¿Por qué andas en zig zag, Ngé?

    -"Porque así se tarda más en hacer el recorrido y se piensa mejor adonde va uno, hijo".