2022 foi un ano de recuperación económica e de saída da pandemia, pero foi tamén un tempo marcado polo forte incremento da inflación, unha suba de prezos que afectou a produtos básicos -primeiro a electricidade e combustibles, despois á alimentación- e que obrigou ao Goberno central a adoptar ambiciosas medidas coma a excepción ibérica para limitar o prezo do gas, as subvencións ás gasolinas ou a supresión ou redución do IVE.
O incremento do gasto foi especialmente significativo en restauración e hoteis (+42%), transporte (+30%) e en ocio e cultura (+15%)
En conxunto, segundo os datos publicados recentemente na enquisa de orzamentos familiares do INE, galegos e galegas gastaron o pasado ano un 10,1% máis que nos 2021, un incremento do gasto que foi especialmente significativo en restauración e hoteis (+42%), transporte (+30%) e en ocio e cultura (+15%). En cambio, o gasto en mobles e en bebidas alcólicas e tabaco descendeu e mantívose estable en alimentación (+1%) e aumentou por debaixo da media no capítulo de vivenda, electricidade, gas e combustibles (+6%).
No ano 2022 o gasto total en combustibles en Galicia aumentou un 29%, o gasto en electricidade fíxoo un 30% e o do gas subiu un 25%
Con todo, cómpre salientar que este capítulo acumula dous anos de ascensos sostidos e aparece como o máis importante dos analizados polo INE. En concreto, no ano 2022 o gasto total en combustibles en Galicia aumentou un 29%, o gasto en electricidade fíxoo un 30% e o gasto en gas subiu un 25%.
Tamén levan dous anos en ascenso os gastos en transporte e en alimentación, aínda que neste último grupo o 2022 supuxo un incremento máis cativo.
3 de cada 10 euros que gastan as familias galegas van destinadas ao pagamento do alugueiro da súa vivenda, e tamén a subministros de electricidade, gas e combustibles
Asi, case 3 de cada 10 euros que gastan as familias galegas van destinadas ao pagamento do alugueiro da súa vivenda, e tamén a subministros de electricidade, gas e combustibles. En conxunto, esta partida case duplica o gasto en alimentación (17%) e en transporte (15%).
8 de cada 100 euros que gastan anualmente os galegos e galegas van para restauración e hoteis e un 5% é para ocio e cultura.
O capítulo de vivenda, combustibles e subministros, que pasou de representar o 22% do gasto total no ano 2006 a roldar o 30% na actualidade
Nos últimos anos non houbo movementos moi significativos nestas grandes partidas de gasto, agás no xa referido capítulo de vivenda, combustibles e subministros, que pasou de representar o 22% do gasto total no ano 2006 a roldar o 30% na actualidade.
En cambio, diminúe o gasto en vestido e calzado (pasou do 8% ao 4% en 15 anos), en ocio e cultura e en mobles.
Os grupos de gasto específicos que máis aumentaron no ano 2022 en relación ao ano 2021 foron os servizos recreativos e deportivos (+97%), os servizos culturais (+94%) e o transporte aéreo, que se recuperaron do impacto provocado pola pandemia de COVID
Indo máis ao detalle, vemos como os grupos de gasto específicos que máis aumentaron no ano 2022 en relación ao ano 2021 foron os servizos recreativos e deportivos (+97%) e os servizos culturais (+94%). Cómpre ter en conta que estes servizos estiveron entre os máis afectados pola pandemia de COVID nos anos 2020 e 2021.
Polo mesmo motivo tamén aumentou de forma moi importante o gasto en transporte aéreo (+95%) e o transporte por estrada (+23%) e por ferrocarril (+17%). E, de igual xeito, o regreso á normalidade que supuxo a fin da pandemia tamén elevou o gasto en aloxamentos turísticos (+52%) e restauración (+41%).
Chama a atención, igualmente, o forte incremento do gato en bens e servizos para animais domésticos, que se disparou un 57%.
En canto á alimentación, destaca o forte aumento no gasto en aceite e pan, e tamén no leite e nos ovos, que se encareceron notablemente. E en cambio, reduciuse moito o gasto en carne e peixe
En canto á alimentación, destaca o forte aumento no gasto en aceite e pan (dous dos elementos que máis incrementaron o seu prezo), un 28% e un 14%, respectivamente. Tamén se disparou o gasto en bens básicos que encareceron o seu prezo, como o leite e os ovos. En cambio, diminuíu de maneira moi importante o gasto en carne (-5%) e peixe (-14%), como consecuencia do seu encarecemento.
Entre os elementos nos que os galegos reduciron máis os seu gasto no ano 2022 está o tabaco (-22%) e os libros (-11%).