Alcoa amósase "disposta" a “explorar de novo" a venda da factoría de aluminio da Mairña "á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), tal e como viñeron demandando Goberno e representantes dos traballadores”.
Alcoa di estar disposta a "explorar" a venda “co obxectivo de atopar a mellor solución posible á planta de aluminio de San Cibrao”
A multinacional, a través dun comunicado, abre de novo a posibilidade dunha venda “co obxectivo de atopar a mellor solución posible á planta de aluminio de San Cibrao” e logo de que a xustiza anulase o ERE previsto e deitase luz sobre as súas artimañas para desfacerse da produción en Galicia.
Ademais, Alcoa, que convocou ao comité de empresa a unha reunión o vindeiro xoves 7 de xaneiro, pediulle a este reclama que “finalice a folga para que o proceso se poida desenvolver nun ambiente de normalidade e paz social”.
Tanto o persoal do complexo da Mariña como o Goberno central e a Xunta reclamaron nas ultimas semanas á multinacional que sentase a negociar a venda da planta, mentres que o comité de empresa ofrecíase a deter a folga se Alcoa accedía a negociar. O paro, nas fábricas de alúmina e aluminio, mantense desde inicios do pasado mes de outubro.