A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de anular a declaración de utilidade pública do proxecto de repotenciación do parque eólico de Corme, imprescindible para a expropiación forzosa dos terreos, xa executada. Deste xeito, o alto tribunal galego acolleu o recurso interposto por un particular contra a resolución do 15 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que declarou a utilidade pública dos predios.
O ditame, relevante, chega despois de que o TSXG e maxistrados se defendesen en público das presións e críticas chegadas desde a Xunta e compañías do sector polas sentenzas contrarias a parques eólicos dos últimos anos.
O TSXG revoga a declaración de utilidade pública de repotenciación dun parque de EDP en Corme, requisito imprescindible para a expropiación forzosa
Neste último caso, o recurso fora presentado logo da anulación por parte do TSXG da autorización administrativa previa e de construción, así como do proxecto sectorial do parque. Así, por primeira vez, o alto tribunal pronúnciase sobre a declaración de utilidade pública (DUP) do proxecto dun parque eólico cuxos permisos foron anulados polo propio tribunal e entende que debe decaer tamén esa declaración.
O Superior subliña que “a privación singular do lexítimo dereito de propiedade vén condicionada por unha utilidade pública ou interese social, e estes predícanse non en abstracto, senón para finalidades concretas”. A Sala, formada por cinco maxistrados e maxistradas, destaca o “carácter instrumental e subordinado da DUP á existencia do proxecto que teña a nota de utilidade pública”, pois “non pode existir se non hai antes (ou coordinadamente) unha autorización para os proxectos enerxéticos”.
“En consecuencia —continúa o tribunal—, se non existe un proxecto de construción de instalacións eléctricas, non hai causa de utilidade pública que xustifique un procedemento expropiatorio; e a privación singular do dereito de propiedade carecería de causa”. Ademais, o TSXG indica que a DUP, que no seu día foi acordada para a execución do proxecto, “carece de causa” e, polo tanto, conclúe que debe ser anulada, pois “non hai ningún proxecto de utilidade pública que apoie a expropiación pretendida”.
O alto tribunal galego tamén sinala que, neste caso, “houbo un uso indebido do instituto da DUP e, en consecuencia, da expropiación, con relación a aqueles terreos que estaban conveniados desde 1997”, debido a que se someteron ao procedemento de DUP “uns terreos dos que a empresa dispoñía naquel momento (en base a un convenio que só dous anos máis tarde, e unilateralmente, decidiu rescindir a empresa)”.
Ademais, decreta na sentenza que a tramitación da DUP infrinxiu o prazo de sometemento a información pública. A resolución non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.
Non é a primeira sentenza que hai sobre este parque de Corme, impulsado por EDP Renováveis. O 2 de febreiro de 2018, o Consello da Xunta declarou "de interese especial" o proxecto para repotenciar ese parque no concello de Ponteces, ao abeiro da súa lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, que aprobara en 2017. Tras a xuntanza fixo público que o plan, promovido por EDP Renováveis, pasaba por substituír 61 aeroxeradores xa instalados por 7 máis grandes e de maior potencia e que a declaración aprobada implicaba "a redución á metade dos prazos necesarios para obter as autorizacións preceptivas".nómico.
En novembro de 2019, o Consello aprobou definitivamente o proxecto, aínda que xa sen incluílo na referencia pública sobre os asuntos tratados. Este segundo acordo foi recorrido por afectados polo proxecto. En xaneiro de 2022, o TSXG deu a razón en parte dos seus argumentos eanulou a autorización da Xunta para repotenciar o parque por reducir á metade, de 30 a 15 días, o prazo para a consulta pública do informe de impacto ambiental e, de ser o caso, que as persoas ou colectivos afectados presentasen alegacións.
Ademais, a Xunta logo recorreu o ditame ante o Supremo, pero renunciou a defender a súa postura respecto do prazo para a consulta público, polo que o tribunal só revisará o outro motivo de anulación que establecera o TSXG: se a exposición ao público debía contar con todos os informes sectoriais ou estes podían elaborarse despois.
Agora, esta nova sentenza sobre o parque de Corme que revoga por primeira vez a declaración de utilidade pública de terreos expropiados chega logo de que o TSXG e xuíces tivesen que se defender en público ante as presións da Xunta e empresas polas sentenzas contrarias a parques eólicos.
TSXG e xuíces tivesen que defenderse en público hai unhas semanas ante as presións de Xunta e empresas polas sentenzas contrarias a parques eólicos. Son máis dunha ducia os ditames que nos últimos anos tombaron varios parques eólicos, poñendo o foco na política para o sector por parte do Goberno galego, que insiste en advertir de "inseguridade xurídica". A infracción da normativa europea, a fragmentación ou a falta de información son algúns dos argumentos xudiciais contra a política eólica do Executivo auto.