As principais asociacións de comerciantes de Vigo rexeitan o proxecto de Porto Cabral
Vén de constituírse a Plataforma Polo Comercio Local, que agrupa 1.200 establecementos e o 80% das asociacións da cidade. Advirten de que a instalación do megacentro comercial sería "un golpe mortal" ao comercio vigués e de que podería destruír 6.000 postos de traballo.