Galicia volve plantar liño: 11 explotacións piloto recuperan este cultivo tradicional
Trátase dun proxecto da Iniciativa galega polo Liño da Fundación Adolfo Domínguez, en colaboración coa Xunta e o CSIC. As plantacións realízanse en Guísamo (Bergondo), Mabegondo (Abegondo) e Salcedo (Pontevedra) en centros especializados de investigación. Espérase dispor dos primeiros resultados en novembro para determinar as variedades que mellor respondan.