Economía
As cifras de SAIC en Ferrol: 1.500 empregos na construción e 2.000 en funcionamento, dende o 2031
A factoría, que podería montar uns 120.000 turismos cada ano, realizará a "ensamblaxe completa" dos coches, con compoñentes que chegarán ao Porto Exterior, dende onde se distribuirán a toda Europa os vehículos rematados. Cando a planta estea en marcha, prevese crear mil postos de traballo directos e outros mil de tipo indirecto. A empresa destaca que o proxecto representa "unha aposta estratéxica polo desenvolvemento de capacidades industriais no sector da automoción en Galicia
Cada vez hai máis ricos (sobre todo en Madrid)
Dende o ano 2017 ata o 2024 máis que se duplicou en Galicia o número de persoas con ingresos superiores aos 601.000 euros. Porén, representan unha porcentaxe menor (o 0,05% dos contribuíntes) que no resto do Estado (0,08%) e sobre todo que en Madrid (0,21%), que concentra a riqueza en España, con gran diferenza sobre o resto de territorios
Galicia lidera o descenso do paro en xuño, con 3.587 persoas desempregadas menos
Xuño adoita ser un mes moi favorable para o emprego e así sucedeu unha vez máis este ano, grazas ao inicio da tempada estival e das contratacións que esta leva aparelladas especialmente na hostalaría e no sector turístico
- Interactivo Dereito á vivenda
- Economía
Os bancos teñen 4.000 vivendas baleiras en Galicia: liberamos os datos
Praza obtén ao abeiro da Lei de Transparencia os datos do rexistro de vivendas baleiras propiedade de entidades financeiras que a Xunta evitou entregar ao Parlamento. A Coruña é o concello con máis pisos baleiros propiedade da banca, segundo os datos manexados polo Goberno galego, con máis de 300. A Sareb, o 'banco malo', é a entidade que máis vivendas baleiras ten inscritas neste rexistro
Un acordo "moi positivo" pon fin á folga do metal, "exemplo para a clase traballadora galega"
As asembleas de traballadores aprobaron o preacordo para o convenio do metal da provincia da Coruña asinado prevamente polos sindicatos, poñendo fin á folga que o sector levou a cabo nas últimas semanas. A nivel salarial aceptouse unha suba do 15% en catro anos. Estableceuse, ademais, a garantía de mantemento do poder adquisitivo, incluíndo unha cláusula de revisión anual ao IPC.
Máis gasto en vivenda e ocio, menos en todo o demais: así usamos os cartos o pasado ano
En 2025 o gasto en vivenda (e subministros) pasou de representar o 28,1% do gasto total das familias galegas a ser o 31,5%. O resto dos grupos de gasto descenderon, con poucas excepcións, nas que destaca o ocio, deportes e cultura. O pasado ano descendeu por primeira vez dende o 2020 o gasto medio dos fogares galegos (-1,7%). En cambio, no conxunto do Estado o gasto continuou a medrar (+3,1%)
A prórroga do IVE reducido aos carburantes choca co abaratamento do petróleo e as críticas de Bruxelas
O 30 de xuño remata a bonificación impositiva aplicada polo Goberno do Estado a gasolinas e gasóleos para conter a escalada de prezos e que levou a unha redución de entre 20 e 30 céntimos por litro. O Executivo prepara un novo decreto con axudas pero enfróntase á negativa da Comisión Europea e a uns prezos do petróleo semellantes aos que había antes da guerra.
O sector da alimentación mobilízase por un "convenio digno" e conta o "inmobilismo" da patronal
CIG, CCOO, UGT e USO convocaron mobilizacións na Coruña, Santiago, Ferrol e Ribeira nunha mañá na que o paro tivo unha incidencia especial, xa que coincidiu coas compras para as celebracións de San Xoán. Os sindicatos celebran o "éxito masivo" da folga e denuncian os "abusos da patronal", criticando non só as condicións laborais ofrecidas ata agora, senón tamén a resposta que algunhas empresas están amosando
Que está a pasar coas patronais en Galicia?
Iván Cordeiro
A patronal pirotécnica atribúe a "populismo" e "covardía" non os contratar por risco de lume ou ruído
A Asociación Galega de Industriais Pirotécnicos ameaza con "emprender accións legais" contra quen "cancele contratos en vigor" coas súas empresas, mais tamén contar quen "alente e invite publicamente a non contratar pirotecnia" baseándose no que consideran "motivos ideolóxicos". Suxiren que as "persoas con hipersensibilidade ou donos de mascotas" opten por "evitar o lugar concreto durante o breve intervalo" dos foguetes para "así non ter calquera tipo de molestia"
SAIC en Galicia: entre a teima polos prazos e o receo a un cambio na Moncloa
O grupo chinés intensifica os contactos empresariais e institucionais e deixa clara a necesidade de respectar o calendario marcado para o seu proxecto en Ferrol e As Pontes. A multinacional amosa a súa inquedanza ante unha posible chegada ao poder de Feijóo e do PP, máis reticentes ao investimento chinés, en contraste co entusiasmo amosado pola Xunta e coa política de colaboración mutua impulsada por Sánchez.