Cada vez hai máis ricos. Entre 2023 e 2024 o número de persoas das 15 comunidades autónomas de réxime xeral que declarou gañar máis de 601.000 euros anuais medrou case un 28%. En Galicia fíxoo un 26,5% (559 a 707)
Cada vez hai máis ricos. Cando menos iso é o que nos di a información proporcionada pola Axencia Tributaria sobre as declaracións da renda presentadas en cada exercicio e que a o organismo ofrece con dous anos de decalaxe. Vimos de coñecer agora, polo tanto, a información correspondente ao ano 2024 e derivada das declaracións presentadas o pasado ano.
Cada ano aumenta o número de contribuíntes que presentan rendementos económicos superiores aos 601.000 euros anuais, aumenta tamén o grupo dos que teñen ingresos anuais entre 150.000 e 601.000 euros. E, igualmente, os que gañan entre 60.000 e 150.000 euros. Unha parte dese incremento é unha consecuencia da suba xeral de prezos e salarios e tamén do aumento de poboación, pero o aumento non se explica unicamente por estes factores, senón que nos fala dun enriquecemento das clases sociais con máis ingresos.
Madrid reúne a maior proporción de ricos no Estado e o 0,21% das declaracións da renda presentadas na rexión capitalina recoñeceron ingresos por riba dos 601.000 euros. A porcentaxe multiplica por por máis de catro a proporción existente en Galicia
A análise pode facerse a nivel de todo o Estado (a Axencia Tributaria non ofrece información de Navarra e País Vasco, con facendas propias) e tamén de Galicia. Entre 2023 e 2024 o número de persoas que nas 15 comunidades autónomas para as que hai datos declarou gañar máis de 601.000 euros anuais medrou case un 28%. En Galicia fíxoo un 26,5% (559 a 707).
No seguinte grupo (de 150.000 a 601.000 euros) o aumento foi do 21% no Estado e do 24% en Galicia. No grupo de 60.000 a 150.000 euros o incremento foi do 17% e do 16% respectivamente.
A desproporción e a concentración madrileña de riqueza mantense se ampliamos o foco ás persoas que gañan máis de 60.000 euro. Este grupo, que representa o 6,4% dos e das contribuíntes no conxunto do Estado e o 4,67% en Galicia, elévase ata o 11,42% na Comunidade de Madrid
No ano 2024 en Galicia había 707 persoas que declararon ingresos por riba de 601.000 euros nese ano. Son moitas ou son poucas? Depende con que territorios se compare. Representan o 0,05% das declaracións presentadas, unha porcentaxe por debaixo da media do Estado (0,08%), pero que se sitúa no cuarto lugar, por detrás de Madrid, Cataluña e Baleares e ao mesmo nivel que Aragón, Canarias, Comunidade Valenciana e A Rioxa e por diante do resto.
Porén, os datos para o conxunto de España (agás País Vasco e Navarra) están distorsionados pola realidade que representa Madrid. A Comunidade de Madrid reúne a maior proporción de ricos no Estado e o 0,21% das declaracións da renda presentadas na rexión capitalina recoñeceron ingresos por riba dos 601.000 euros anuais. A porcentaxe multiplica por por máis de catro a proporción existente en Galicia.
A desproporción e a concentración madrileña de riqueza mantense se ampliamos o foco ás persoas que gañan máis de 60.000 euros ao ano, unhas 61.000 persoas en Galicia e case 1,4 millóns no conxunto das 15 comunidades autónomas de réxime xeral. O que poderíamos denominar, se cadra, clase alta. Este grupo, que representa o 6,4% dos e das contribuíntes no conxunto do Estado e o 4,67% en Galicia, elévase ata o 11,42% na Comunidade de Madrid.
En termos porcentuais, a porcentaxe de contribuíntes madrileños con ingresos superiores a 601.000 euros pasou do 0,13% de 2017 ao 0,21% actual. No conxunto das 15 comunidades autónomas de réxime xeral a porcentaxe elevouse dende o 0,05% ao 0,08% e en Galicia pasou do 0,03% ao 0,05%.
Dende o ano 2017 ata o 2024 o número de ricos máis que se duplicou en Galicia. As persoas que declaraban ingresos superiores a 601.000 euros pasaron de ser 336 a ser 707, máis do dobre. De igual xeito, o grupo dos que gañan entre 150.000 e 601.000 euros elevouse dende 3.244 a 7.321
Nesta ocasión Galicia sitúase máis abaixo, no décimo lugar entre as 15 comunidades autónomas de réxime xeral, só por diante de Castela e León, Murcia, Andalucía, Castela-A Mancha e Estremadura.
Dende o ano 2017 ata o 2024 o número de ricos máis que se duplicou en Galicia. As persoas que declaraban ingresos superiores a 601.000 euros pasaron de ser 336 a ser 707, máis do dobre. De igual xeito, o grupo dos que gañan entre 150.000 e 601.000 euros elevouse dende 3.244 a 7.321. E as persoas que ingresan entre 60.000 e 150.000 euros son tamén o dobre: de 29.315 a 61.665.