Nova condena a Ryanair en Santiago, agora por obstaculizar eleccións sindicais
A compañía é multada con 30.000 euros por unha infracción moi grave durante uns comicios celebrados en agosto de 2022 en Lavacolla
A compañía é multada con 30.000 euros por unha infracción moi grave durante uns comicios celebrados en agosto de 2022 en Lavacolla
Dende o 28 de febreiro o litro de gasóleo agrícola encareceuse un 32%, máis aínda que o do Gasóleo A ou a Gasolina 95. Produtores agrícolas e gandeiros, o mesmo que os sindicatos do sector, veñen alertando destas subas, que cualifican de "especulativas" e esixen das distintas administracións medidas que axuden a paliar a suba dos seus custos de produción
Persoal do comercio convocado por CIG e UGT esixe na rúa que as empresas negocien a renovación do caducado convenio provincial no canto de impor a "centralización" da man da nova patronal de "Inditex, Mango, H&M, Primark, Cortefiel, Kiabi ou Uniqlo"
En 2025 EUA foi o principal país de procedencia dos gaseiros que descargaron en Mugardos (14), máis do dobre que o ano anterior. O segundo país foi Rusia (11), unha cifra considerable tendo en conta as sancións internacionais e as ameazas da UE de prohibir a adquisición de produtos enerxéticos dende aquel país. O aumento das compras de gas a Washington chegan nun contexto de presións de Trump para que Europa aumente as súas importacións.
Dende o inicio dos ataques de Estados Unidos e Israel contra Irán o pasado 28 de febreiro, hai case dúas semanas, o prezo da Gasolina 95 elevouse máis dun 13% en Galicia, chegando xa aos 1,70 euros de media, e o do Gasóleo A fíxoo en máis dun 25%, ata case o 1,85 euros. Este xoves 12 de marzo a diferenza entre a gasolineira máis cara e a máis barata de Galicia superaba xa os 40 céntimos por litro na Gasolina 95 e os 54 céntimos por litro no Gasóleo A.
A crise de prezos iniciada en 2022 só foi compensada en parte por unha suba dos salarios que aínda que en 2024 si aumentaron por riba do IPC, levaron a unha perda do poder adquisitivo dunha parte importante da poboación. Produtos de primeira necesidade, comezando pola alimentación, levan tempo subindo máis que os ingresos, o mesmo que a vivenda. Semella un mal momento para unha nova crise inflacionaria.
O Goberno de España aprobou unha Declaración Institucional de recoñecemento ás vítimas daquela xornada de hai 54 anos na que condena a "actuación desproporcionada" da Policía Armada. Ferrol volve ser o epicentro da reivindicación do movemento obreiro galego.
A suba do gasóleo rolda o 20% nunha semana e o litro de gasolina encareceu uns quince céntimos na media das estacións de servizo galegas. A cotización do petróleo segue á alza, na contorna dos 108 dólares por barril: antes do inicio dos ataques de Trump e Netanyahu roldaba os 70
Galicia é, con Asturias, a comunidade onde as mulleres teñen máis peso no mercado laboral: supoñen o 49,3% das afiliacións á Seguridade Social, dous puntos por riba da media estatal. O 40% perciben uns ingresos inferiores ao SMI e máis do 75% dos traballos parciais son femininos.
En apenas unha semana o prezo medio da gasolina aumentou uns dez céntimos por litro nas estacións de servizo galegas e o gasóleo, case vinte. Catro anos despois de medidas como a subvención de 20 céntimos por litro de combustible ou os trens de balde para paliar as consecuencias económicas da invasión rusa en Ucraína, Sánchez avanza que prevé aplicar accións "económicas" ante a posibilidade de que a guerra en Irán sexa "longa"