Rueda ve "sorprendente" que Defensa tema espionaxe chinesa en Ferrol e o Estado defende o proxecto de SAIC
O Ministerio advirte do risco de seguridade pola proximidade da planta ao Arsenal, un temor que o PP estatal xa difundira para deitar dúbidas sobre a chegada de SAIC, como adiantou Praza.gal. O presidente da Xunta considera "difícil de entender" a advertencia cando "en ningún momento" da negociación conxunta entre executivos central e autonómico e a empresa chinesa se alertou deses perigos.