Economía
Abandonar o posto sen avisar non é causa de despido: o TSXG segue matizando o "absentismo" laboral
O Tribunal Superior declara improcedente o despido disciplinario dun traballador que abandonou o seu posto sen avisar e di que non se xustifica a sanción porque non supuxo un risco para o persoal nin causou un grave prexuízo para a empresa
A Xunta gaba que os hoteis ingresaron un 6,9% máis este xullo coa mesma clientela que o ano pasado
O BNG pide "regular a afluencia de visitantes" e primar a convivencia fronte o "turismo a granel"
Ryanair debe pagar 1.900 euros de lucro cesante a un home que perdeu un negocio pola cancelación dun voo
A Audiencia de Pontevedra salienta que "non se está ante hipotéticos traballos ou expectativas de ganancias, senón ante labores contratadas para días concretos que non puideron levarse a cabo pola cancelación do voo"
Nin seis aeroxeradores, nin un: a Xunta reitera que na serra do Suído non caben máis eólicos
Co Concello do PP tamén en contra, Medio Ambiente tomba un parque proposto na Lama que prevía primeiro seis xeradores e despois baixou a un pero que incluso así "agravaría" o "alto nivel de ocupación" xa existente
Condenada por esquirolaxe unha auxiliar da automoción ao contratar cinco traballadores durante unha folga
O TSXG ratifica unha multa de 30.000 euros por contratar cinco persoas malia a advertencia expresa da inspección laboral de que non o podía facer durante a folga que estaba a rexistrar
A seca afoga o agro: perdas de 164 millóns de euros na produción de forraxes
Unións Agrarias solicita á Consellería de Medio Rural unha reunión para "comezar a deseñar unha folla de ruta de actuación" ante o grave impacto das altas temperaturas e a falta de chuvias.
O comercio loita contra a precariedade e o traballo en festivos con dobre folga en Galicia
O persoal dos supermercados da provincia da Coruña está chamado ao paro os días 15, 16 e 17 pola mellora das condicións no conflito pola negociación do convenio colectivo, e o comercio en toda Galicia este sábado, tamén contra o permiso para abrir en días non laborables.
Xa son 3,2 millóns de euros os perdidos pola Consellería do Mar nun preito pola súa lentitude en revisar subvencións
A Xunta tardou cinco anos en reclamar a Angulas Aguinaga que devolvese axudas que consideraba que non lle correspondían por non ser pequena ou mediana empresa, pero o TSXG di que foi demasiado tempo e que o requisito era previo
A UE dá a benvida a investimentos estranxeiros como o de SAIC e confía nos estados para garantir a seguridade
A ministra de Defensa traslada a Rueda que o seu departamento permitirá a instalación da fábrica en Ferrol
Mortadelo e Filemón ao volante
Xulio Ríos
O PP recorreu tamén ao risco de espionaxe para distanciarse do proxecto de SAIC en Galicia
Voces da dirección dos populares advirten desde hai tempo dos problemas de seguridade que podería supoñer a instalación da fábrica chinesa en Ferrol, na liña das alertas que vén de lanzar Defensa. O xigante asiático recea dunha posible chegada de Feijóo ao poder polo seu escaso entusiasmo co proxecto, en contraste coa posición de Sánchez e Rueda.