Economía
O metal corta a principal entrada á Coruña cunha gran marcha en demanda dun "convenio digno"
Arredor de 4.000 traballadores e traballadoras de toda a provincia manifestáronse na cidade nunha xornada manchada pola agresión cun petardo a unha xornalista, que tamén sufriu insultos machistas.
A patronal galega carga contra a loita do comercio téxtil que o Goberno de España ve "lexítima"
O seu presidente, Juan Vieites, amosa o seu "malestar" e acusa as dependentas mobilizadas de "exceder os límites" coas súas protestas. O delegado do Executivo central en Galicia, Pedro Blanco, pide ás empresas "ter en conta" as as súas demandas: "Cando as cousas van ben hai que tamén repartir". A CIG acusa a Inditex e a patronal coruñesa de bloquear un acordo galego para blindar os convenios provinciais.
Dependentas trasladan a acampada por un acordo galego para o téxtil ás portas da patronal
Reclaman un pacto para Galicia que blinde os convenios provinciais e evite así os "recortes de dereitos" do convenio estatal de ARTE, asinado a pasada semana.
Visto e prace do Estado á empresa galega que construirá a central reversible en Meirama
Coventina Renovables, do grupo formado por Tasga e Valtalia, obtén a conexión deste proxecto de bombeo e almacenamento enerxético que prevé un investimento de máis de 400 millóns de euros e a creación de 1.000 empregos durante unha década.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
A vivenda é unha carga económica "pesada" para a maioría dos fogares galegos de alugueiro
Máis do 60% dos fogares galegos son en propiedade e sen hipoteca e a porcentaxe dos residentes en vivendas alugadas supera por primeira vez dende que hai datos comparables en Galicia á dos que viven en pisos e casas hipotecadas
Transición verde e 'made in Europe': a UE define o peso da industria galega na planta de MG
As políticas e a normativa comunitaria que priorizan a produción europea marcarán a achega das empresas galegas á fabricación de vehículos en Ferrol e nas Pontes, área propicia para ser beneficiada por Bruxelas con investimentos en enerxía verde e renovable.
Asinado o convenio téxtil estatal que varias autonomías esquivan cun acordo que non chega en Galicia
CIG e UGT demandan un acordo interprofesional autonómico que blinde os convenios provinciais, como o que acaba de ser aprobado en Cantabria logo de que fose asinado antes en Euskadi. Dependentas volveron este martes á folga para reclamar ás patronais ese pacto a nivel galego no mesmo día que CCOO e Fetico asinaron o texto definitivo en Madrid.
"A planta integrará investigación, fabricación avanzada ou loxística", di MG, a marca de SAIC para Europa
A marca de orixe británica mercada pola chinesa SAIC salienta que o seu proxecto en Galicia supón "o reinicio da fabricación en Europa"
O emprego volve bater marcas en Galicia, que albisca un verán de récord
Creáronse máis de 8.000 empregos en maio ata alcanzar as case 1.112.000 afiliacións medias á Seguridade Social, 17.000 máis que hai un ano e o mellor dato neste mes da serie histórica. O paro baixa en 3.000 persoas, sobre todo no sector servizos.
Do fracaso de Pemex e a reconversión naval á fabrica de SAIC: o norte albisca outro futuro industrial
O presumible desembarco do grupo de automoción chinés en Ferrol e As Pontes impulsa unha ampla zona castigada nos últimos anos pola crise e as promesas incumpridas no naval ou a inexorable fin do carbón que pechou a térmica de Endesa.
SAIC Motor pide instalarse en Ferrol e As Pontes para producir 120.000 vehículos ao ano con 2.300 empregos
Tras meses de "colaboración máxima" de Xunta e Estado a primeira declara proxecto industrial estratéxico a iniciativa da empresa chinesa que suporía un investimento de 200 millóns para comezar a funcionar en 2028