Os sindicatos recorren uns servizos mínimos que a Xustiza xa invalidou noutras folgas
Os sindicatos galegos rexeitan os servizos mínimos feitos públicos pola Xunta de cara á folga xeral do vindeiro 29 de marzo. A CIG decidiu presentar un recurso ante a Xustiza ao consideralos “abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga”, mentres que os servizos xurídicos de CCOO e UGT estudan tamén recorrer, aínda que xa teñen solicitada a suspensión cautelar dos ditados na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados.