Economía
Galicia rexistra nove desafiuzamentos ao día
Case 1.400 familias foron expulsadas das súas casas no que vai de ano no país, tal e como denuncian CCOO, UGT e a Rede Galega contra a Pobreza, que presentaron a campaña para recoller sinaturas a prol da dación en pago. Desde o inicio da crise, os desafiuzamentos multiplicáronse por tres na comunidade autónoma, que suma xa 6.000 en algo máis de catro anos.
Europa pide máis recortes a cambio de máis tempo para reducir o déficit
Unha de cal e outra de area. Bruxelas dará un ano máis ao Estado para reducir a débeda por baixo do 3% do PIB, pero só se concreta novos axustes orzamentarios, polo que propón subir o IVE e acelerar o atraso da idade de xubilación aos 67 anos. Mentres, a UE pide que o fondo de rescate axude directamente aos bancos sen pasar polos Estados, pero advirte de que "non é unha opción disponible para España", porque a normativa vixente non o permite.
A crise reduce a confianza dos españois no capitalismo e na UE
O Pew Research Center publica un estudo, realizado en oito países da Unión Europa, que analiza a evolución das actitudes dos seus habitantes cara ao sistema económico ou o proceso de construción política europea. España sitúase nun niveis de pesimismo, euroescepticismo e desconfianza do libre mercado só superados por Grecia.
Por que non falamos de decrecemento?
Manoel Santos
“Teño a carreira perfecta para xogar ao Trivial, pero non para traballar”
Dous mozos con titulacións superiores comparten con Praza Pública a súa experiencia como demandantes dun primeiro emprego
A Xunta admite que pechou o orzamento en setembro para cumprir co déficit
A interventora xeral da comunidade autónoma recoñece que o Goberno galego non iniciou "novos expedientes de gasto" no último trimestre de 2011 despois de que o presidente acusase os socialistas de "mentir" por desvelalo no Parlamento
O 95% das persoas con traballo parcial para poder coidar dependentes son mulleres
Máis de 350.000 persoas vense obrigadas en todo o Estado a renunciar a parte da súa xornada laboral para atender familiares en situación de dependencia. A maioría fano por motivos económicos.
Case 705.000 parados levan tres ou máis anos sen traballar
A crise dispara o número de desempregados de moi longa duración, que aumentou un 43% no Estado durante 2011, segundo datos do INE. Tan só o 2,5% dos contratados conseguiu traballo grazas á intermediación dunha oficina do INEM.
O BNG esixe que compareza Rajoy para explicar "o escándalo financeiro" de Bankia
Jorquera pide tamén que Esperanza Aguirre e Rodrigo Rato "dean contas á sociedade" polas súas "responsabilidades evidentes" no "maior burato financeiro da historia". O PSdeG pide a comparecencia de Feijóo e insiste na "igualdade de trato" para NCG Banco.
A patronal galega cre que a 'licenza exprés' do comercio "non resolve problema ningún"
O Consello de ministros aproba a eliminación das licenzas municipais previas de pequenos locais, unha iniciativa que a patronal galega cre "boa", pero que "non creará emprego nin aumentará o consumo". "O verdadeiro problema é a liberalización de horarios", advirte.
Non doen prendas
Rafael Cuíña