Economía
Valencia, Madrid e Castela e Léon admiten máis déficit do anunciado
A suma destas desviacións suma uns 3.000 millóns, o que incrementa en tres décimas o desaxuste previsto polo Goberno central. Galicia sitúase como a comunidade con menos déficit, cun 1,61% do PIB.
O PSdeG acusa a Feijoo de aceptar unha nova tesoirada, imposta por Madrid, despois de tres anos de recortes
María José Caride acusa o presidente da Xunta de obrigar a pagar 50 millóns de euros en medicamentos a pensionistas e asalariados e a pesar diso pechar 2012 co dobre de endebedamento que cando chegou ao Goberno. Pídelle que “priorice o benestar dos galegos e diga non á invasión de competencias por parte do Estado fronte aos intereses partidistas”.
A RISGA será compatible con ingresos por traballos esporádicos
A Xunta anuncia que a próxima Lei de Inclusión Social busca favorecer, deste xeito, a incorporación ao mercado laboral, loitando ao mesmo tempo contra a economía somerxida.
Os sindicatos confían en que o Constitucional anule as medidas temporais contra os funcionarios
CIG, CCOO, UGT e CSIF presentan ante o TSXG unha demanda por conflito colectivo pola aplicación da Lei de Medidas para o Emprego Público e confían en que se suspenda mentres non se aclare se é constitucional ou non
Corunha deve mobilizar-se polo emprego
Aida Vasques Varela
Mudar a cosmovisión
Fernando del Río
Fomento escurece o futuro de Alvedro e Peinador, afogados polo descenso de tráfico
O plan de AENA para os aeroportos menos rendibles ameaza o futuro dos da Coruña e Vigo, incluídos no grupo dos menos eficientes e con datos negativos desde hai tempo. A ministra Ana Pastor non nega o peche dalgunha terminal e advirte de que "non todas son viables"
"Os mercados non confían na zona euro porque é insostible"
A prima de risco dispárase, a Bolsa derrúbase, a débeda dos bancos españois co BCE aumenta, Krugman prevé un corralito e a UE abre a porta á saída de Grecia do euro. Xavier Vence e David Peón analizan a crise na eurozaona e non descartan, para nada, que o Estado teña que deixar a moeda única. "Ou cambiamos as políticas ou non hai futuro; este modelo europeo é insostible", din.
A Xunta evita revelar canto leva aforrado co recorte ao persoal público
O Goberno galego cre que é "moi cedo" para "cuantificar" o impacto da tesoirada nas remuneracións dos seus traballadores pero asegura que "non hai dúbida" de que contribuirán a reducir o déficit público
O naval vigués berra pola súa supervivencia
Unhas 10.000 persoas bótanse ás rúas de Vigo para reclamar "solucións" e carga de traballo para os estaleiros convocados por CIG, CC.OO e UGT e co apoio das tres forzas parlamentarias galegas
Indignación
Manuel González López