Ter un accidente no mar xa ten prezo: ata 2.200 euros por hora
A Xunta bota a andar o decreto que establece o cobramento por actuacións de gardacostas e salvamento marítimo. Os rescate só serán de balde en escasas excepcións.
A Xunta bota a andar o decreto que establece o cobramento por actuacións de gardacostas e salvamento marítimo. Os rescate só serán de balde en escasas excepcións.
Xosé Carlos Arias, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, censura "a impericia manifesta" dun Goberno ao que atribúe tamén "un grave problema de comunicación" ante a crise económica. O último episodio, o discurso de Mariano Rajoy tras o rescate financeiro: "Non se pode dar a entender que é como un agasallo; iso si que xera desconfianza".
A Xunta e o PP cren que o rescate é "unha magnífica noticia" para Novagalicia e rexeitan a creación dunha entidade pública, unha petición de BNG e EU á que se une agora o PSdeG.
A prima de risco española supera os 500 puntos mentres a UE e Alemaña botan por terra a versión de Rajoy, constatando que unha troika controlará a aplicación do rescate bancario e o seu impacto no déficit. O PSdeG censura que Feijóo permaneza "desaparecido" e o BNG esixe un referendo.
O Estado, e non directamente os bancos, recibirá un préstamo europeo de cantidade e xuros por definir que repercutirá na débeda pública e no déficit. O economista Xabier Vence amósase convencido de que as finanzas españolas veñen de ser intervidas nunha operación que "pagaremos entre todos"
O presidente do Goberno de España asegura que foi el "quen presionou" a Europa para que os cartos foráneos cheguen á banca española. Sen as súas "reformas", di, si que habería "intervención"
O Goberno español solicita a asistencia financeira europea despois de que o FMI adiantase o informe no que estimaba que o sector bancario precisaba 40.000 millóns de euros para sanearse. De Guindos asegura que a operación é "extremadamente positiva" e nega que sexa un rescate
Os sindicatos nacionalistas acúsanos de prevaricación e de ser responsables "por acción ou omisión" da crise económica e de consentir que o poder financeiro controlase o Estado.
Así o asegura a axencia Reuters, que cita fontes comunitarias e alemás. Rajoy dixo hai dez días que España non solicitaría rescate ningún e o Goberno négao "rotundamente" tamén agora.
Cando menos 70.000 galegos foron "estafados" coa emisión de participacións preferentes. Como mínimo, 27.000 non tiñan os seus cartos en Novagalicia, senón noutras entidades que, en moitos casos, derivaron eses produtos a empresas como Repsol, Fenosa, Telefónica ou SOS Cuétara. Os "enganados" piden a mesma atención que os clientes de NCG Banco.