BNG e sindicatos insisten en esixir que NCG sexa unha Fundación cunha nova dirección
Carlos Aymerich presentou unha proposición non de lei para remover a directiva anterior e para manter os postos de traballo e a obra social, peticións compartidas polos traballadores da Obra Social representados por CCOO, UGT, FSIE, ASCA e Independentes.