Economía
As sete cidades galegas suman case 90 mil vivendas baleiras
O Censo de 2011 recollía case 300 mil casas deshabitadas, unha de cada catro construídas na década anterior, e 247 mil inmobles utilizados como vivenda secundaria. 62 concellos teñen máis dun 25% de casas non ocupadas. Mapas interactivos no interior
AGTAMAR alerta da "burbulla do emprendemento" en Galicia
A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar, integrada en UPTA, critica a precariedade no sector e destaca que o 80% das actividades enonómicas iniciadas non chegan aos dous anos de vida. O 20% dos traballadores e traballadoras é autónomo/a
Outra folga no telemárketing en Galicia por un convenio digno
A CIG, apoiada pola CGT, convocou un paro secundado polo 65% dos traballadores, que protestan polas exiguas protestas da patronal nunha negociación que se mantén bloqueada desde hai máis de dous anos.
A intensa suba de prezos en Galicia bate nos servizos básicos polo auxe do sector enerxético
O IPC eleva a súa taxa interanual ao 3,2% en xaneiro, o maior incremento en máis de tres anos e por riba da media estatal. O aumento cébase en produtos esenciais relacionados coa enerxía e os carburantes e volve afondar na perda de poder adquisitivo.
Freo de última hora á folga dos estibadores, o traballo clave nos portos obrigado á reconversión
Fomento accede a adiar unha semana a reforma da estiba que prevía aprobar este venres e atinxe a un colectivo de máis de 6.100 traballadores no Estado, uns 200 en Galicia. A UE obriga a variar o sistema de contratación nun sector sinalado polos seus salarios e que advirte da perda de dereitos e da entrega do negocio dos peiraos a grandes compañías.
Abanca gaña 334 millóns tres anos despois de mercar os restos "escarallados" das caixas
O beneficio neto supón un incremento do 1,1% con respecto ao ano anterior para a entidade que lidera Juan Carlos Escotet, que lembra a precaria situación na que recibiu o banco e que lamenta o intento de facer "populismo" cunha evolución que cre froito dunha excelente xestión.
Galicia perdeu 1 de cada 5 empregos industriais dende o 2008
Dende o 2008 ata o 2014 o número de traballadores e traballadoras na industria descendeu en máis de 60 mil persoas. E a tímida recuperación dende entón só permitiu recuperar un 20% deses postos destruídos. Mapa no interior
A Xunta recomenda non plantar pataca nos concellos afectados pola couza
A orde publicada este martes por Medio Rural anticipa que o decreto do Ministerio obrigará a arrincar e destruír os cultivos nas localidades nas que o patóxeno foi detectado. O Goberno galego deixa nas mans dos concellos o control da procedencia dos tubérculos que se venden nos mercados locais.
Galicia bate récords de contratos cun 11% menos de persoas traballando que antes da crise
Os contratos indefinidos asinados en 2016 foron un 20% menos que en 2008 e os temporais, un 24% máis. O peso do traballo a tempo parcial nas novas contratacións aumentou trece puntos nos últimos oito anos.
Concellos e sindicatos critican a pasividade da Xunta na loita contra a couza da pataca
O Ministerio de Agricultura podería prohibir nos vindeiros días plantar pataca nas zonas afectadas, 31 concellos en Galicia, maioritariamente zonas de autoconsumo. Porén, de momento o Goberno galego só obriga a destruír os tubérculos danados e impide a súa comercialización.
A insoportable levidade da demagoxia populista
Manoel Barbeitos