Marcelo Rebelo de Sousa gaña as eleccións presidenciais portuguesas con ampla marxe. Segundo as distintas sondaxes publicadas o candidato conservador obtería entre o 49% e o 55,7% dos votos, polo que podería evitar a segunda volta. António Sampaio da Nóvoa sitúase entre o 19,3% e o 25%, Marisa Matias entre o 8,8% e o 12,4% e Maria de Belém entre o 2,9% e o 5%.
