A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 31 de xaneiro unha nova xuntanza das mareas municipalistas galegas, que continuarán o traballo iniciado o día 16 na Estrada para a posta en marcha dun proceso de confluencia para as eleccións galegas
Fálase
Centos de persoas manifestáronse este domingo en Compostela en protesta pola ilegalización de Causa Galiza, decidida polo xuíz Eloy Velasco.
O cerco levantará ás 12 horas, cun acto simbólico, o seu campamento. Leranse dous comunicados, un a cargo do presidente de Acerga, José Blanco, e outro a cargo dunha das portavoces das mulleres do cerco, Lucia Olveira. Os barcos volverán faenar este luns, pero advirten de que continuarán coas mobilizacións, en protesta coa cota concedida.
O acordo de libre comercio con Canadá cuestiona a auga como ben público na UE. O CETA inclúe o saneamento ou o tratamento de augas residuais como áreas negociables
Santiago Alba Rico analiza a situación de Túnez, cinco anos despois da revolución que expulsou a Ben Alí
O PPdeG celebrará en marzo os seus catro congresos provinciais. O congreso autonómico, no que se decidirá o candidato á Presidencia da Xunta, terá lugar en abril ou maio.
Tomás Fajardo, presidente da Federación Galega de Confrarías, someterase o vindeiro 13 de febreiro a unha moción de confianza, despois de que a Federación Provincial de Pontevedra pedise o seu cese e de que dimitise o presidente segundo da Federación, José Manuel Rosas. Fajardo é acusado de non apoiar suficientemente o sector no conflito do cerco.
Pablo Iglesias chamou o venres a Junqueras (ERC) e Homs (CDC) para falar da actualidade política e sobre todo da situación en Catalunya. Cóntao El Periódico.
A fraude de Acuamed leva a AGE a pedir que se audite o proxecto da EDAR de Ferrol para descubrir "se en Galicia tamén se utilizaba o mesmo modus operandi". A empresa estatal Acuaes, empresa irmá de Acuamed, tamén levou a cabo obras en Ribeira ou Vigo.
O PSOE considera "inaceptable" a decisión de Rajoy de non presentarse á investidura. Os socialistas néganse a emprender negociacións con outras forzas políticas para tentar formar goberno e sinalan que trala nova rolda de consultas o rei Felipe VI debería volver realizar o encargo a unha persoa do Partido Popular.