Rajoy asegura en Corea manter o "compromiso político" coa Alianza de Civilizacións impulsada por Zapatero, duramente criticada polo PP dende a oposición. Cóntao 20 Minutos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f718b60602d0-54003-944-550.jpg)
Rajoy asegura en Corea manter o "compromiso político" coa Alianza de Civilizacións impulsada por Zapatero, duramente criticada polo PP dende a oposición. Cóntao 20 Minutos.
A Coordinadora Galega de ONGD decide apoiar a folga xeral do 29 de marzo como "mostra do rexeitamento ás políticas de recortes sociais e de supresión dos dereitos dos traballadores aprobadas polo goberno español e que afectan, de forma moi negativa, aos colectivos máis vulnerables". A Coordinadora representa 48 ONG de desenvolvemento galegas.
O xiro soberanista de Convergència Democrática de Catalunya "irrita" ao PP, que dá soporte ao Goberno de Artur Mas. En Vilaweb.
Mariano Rajoy logrou este martes a fotografía co presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, que tamén procurara Zapatero. O líder americano emprazouno a unha visita á Casa Branca. Cóntao a Cadena SER.
O presunto líder da trama Campeón, Jorge Dorribo, declara a esta hora de novo nos xulgados de Lugo ante a xuíza Estela San José.
José Ignacio Wert quere aumentar a 32 o número de horas de presenza na escola dos docentes, a cambio dun aumento da súa base salarial, o que implicaría unha redución na contratación de interinos, como xa fixo a Comunidade de Madrid. Tamén proxecta unha redución das bolsas para o pago da matrícula universitaria e un incremento das ratios de alumnos por aula. Cóntao ElConfidencial.com
A luz subirá o 1 de abril entre un 5% e un 7%. A medida foi explicada por Diagonal nunha reportaxe en febreiro.
A economía española entrará en recesión neste primeiro trimestre logo de que o Banco de España confirmase no seu último boletín que entre xaneiro e marzo continuou a "dinámica contractiva" da actividade.
Derbi galego. O Deportivo anuncia que "tomará medidas drásticas" se comproba que algún socio está a facer revenda coas entradas para o partido ante o Celta. Varios afeccionados branquiazuis advertiron de anuncios en twitter ofrecendo billetes a 60 euros.
Mario Monti dille a Rajoy que as súa palabras sobre España foron mal interpretadas. O primeiro ministro de Italia amosara a súa "gran preocupación" polo posible agravamento da crise española, pero agora di que só pretendía chamar ao esforzo conxunto dos socios europeos.