O presunto líder da trama Campeón, Jorge Dorribo, declara a esta hora de novo nos xulgados de Lugo ante a xuíza Estela San José.
Fálase
José Ignacio Wert quere aumentar a 32 o número de horas de presenza na escola dos docentes, a cambio dun aumento da súa base salarial, o que implicaría unha redución na contratación de interinos, como xa fixo a Comunidade de Madrid. Tamén proxecta unha redución das bolsas para o pago da matrícula universitaria e un incremento das ratios de alumnos por aula. Cóntao ElConfidencial.com
A luz subirá o 1 de abril entre un 5% e un 7%. A medida foi explicada por Diagonal nunha reportaxe en febreiro.
A economía española entrará en recesión neste primeiro trimestre logo de que o Banco de España confirmase no seu último boletín que entre xaneiro e marzo continuou a "dinámica contractiva" da actividade.
Derbi galego. O Deportivo anuncia que "tomará medidas drásticas" se comproba que algún socio está a facer revenda coas entradas para o partido ante o Celta. Varios afeccionados branquiazuis advertiron de anuncios en twitter ofrecendo billetes a 60 euros.
Mario Monti dille a Rajoy que as súa palabras sobre España foron mal interpretadas. O primeiro ministro de Italia amosara a súa "gran preocupación" polo posible agravamento da crise española, pero agora di que só pretendía chamar ao esforzo conxunto dos socios europeos.
Este verán organizarase en Catalunya o primeiro campamento para a aprendizaxe do chinés que se realiza en todo o Estado. Está dirixido a nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
Os traballadores do espectáculo fixeron onte en Madrid un chamamento a favor da folga xeral nunha asemblea celebrada no teatro Alfil e na que participaron Alberto Sanjuán, Guillermo Toledo, Juan Diego Botto, Juan Margallo, Paca Gabaldón ou Petra Martínez. En Galicia, CCOO e UGT reúnense hoxe a partir das once da mañá no Mupega de Santiago de Compostela con representantes do mundo da cultura, da universidade e organizacións sociais de toda Galicia nun acto de apoio á folga xeral do 29-M
Italia subirá o IVE até o 23%. O primeiro ministro imposto por Bruxelas, Mario Monti, xa o subira do 19% ao 21% hai uns meses.
O aeroporto de Castellón cumpre un ano, aínda sen autorización para o tráfico aéreo. O aeroporto tivo uns custes de máis de 155 millóns de euros na súa construción, 30 millóns en publicidade e de 35 millóns ao ano en mantemento