A economía española entrará en recesión neste primeiro trimestre logo de que o Banco de España confirmase no seu último boletín que entre xaneiro e marzo continuou a "dinámica contractiva" da actividade.
Fálase
Derbi galego. O Deportivo anuncia que "tomará medidas drásticas" se comproba que algún socio está a facer revenda coas entradas para o partido ante o Celta. Varios afeccionados branquiazuis advertiron de anuncios en twitter ofrecendo billetes a 60 euros.
Mario Monti dille a Rajoy que as súa palabras sobre España foron mal interpretadas. O primeiro ministro de Italia amosara a súa "gran preocupación" polo posible agravamento da crise española, pero agora di que só pretendía chamar ao esforzo conxunto dos socios europeos.
Este verán organizarase en Catalunya o primeiro campamento para a aprendizaxe do chinés que se realiza en todo o Estado. Está dirixido a nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
Os traballadores do espectáculo fixeron onte en Madrid un chamamento a favor da folga xeral nunha asemblea celebrada no teatro Alfil e na que participaron Alberto Sanjuán, Guillermo Toledo, Juan Diego Botto, Juan Margallo, Paca Gabaldón ou Petra Martínez. En Galicia, CCOO e UGT reúnense hoxe a partir das once da mañá no Mupega de Santiago de Compostela con representantes do mundo da cultura, da universidade e organizacións sociais de toda Galicia nun acto de apoio á folga xeral do 29-M
Italia subirá o IVE até o 23%. O primeiro ministro imposto por Bruxelas, Mario Monti, xa o subira do 19% ao 21% hai uns meses.
O aeroporto de Castellón cumpre un ano, aínda sen autorización para o tráfico aéreo. O aeroporto tivo uns custes de máis de 155 millóns de euros na súa construción, 30 millóns en publicidade e de 35 millóns ao ano en mantemento
Rajoy anuncia máis reformas económicas e non cre que as xa feitas lle pasaran factura nas eleccións asturianas e andaluzas.
O BNG de Muros desbota presentar unha moción de censura xunto ao PP contra a alcaldesa socialista. O grupo nacionalista, despois dunha xuntanza coa Executiva Nacional do Bloque, acordou "demandar ao PSdeG a rectificación da súa política no concello" e, ao tempo, "desbotan calquera hipótese de presentación" da censura.
A CIG denuncia presións dos empresarios na comarca de Compostela contra os traballadores que queren facer folga e CCOO e UGT aseguran que Mango impide aos seus empregados secundala. Máis información aquí.