O xornalismo despide a Ana Viqueira, falecida este xoves en Santiago.
Fálase
O gasto educativo no Estado baixa o 18% durante a crise mentres os alumnos soben o 6%. España destina ao ensino o 4,3% do PIB, lonxe do 6% recomendado pola Unesco.
Rajoy presentarase á investidura o 30 de agosto, vén de anunciar Ana Pastor. O 25 de decembro habería terceiras xerais se nin el nin outro consegue formar goberno nos dous meses posteriores.
Cristian Toro dálle a primeira medalla a Galicia nos Xogos do Rio. Acadou o ouro xunto a Saúl Craviotto na final do K-2 200. Máis información, esta tarde en Praza.
A débeda pública chega ao seu nivel máximo no Estado desde 1909, ao alcanzar o 100.9% do PIB. O endebedamento é de 1.107 billóns, 23.800 euros por cada español.
A xustiza arxentina investigará o asasinato de García Lorca, logo dunha denuncia da ARMH. O caso vén de ser incorporado á causa que investiga a xuíza Servini en Bos Aires.
A Policía vixía en Galicia máis de cen incendiarios reincidentes ou sospeitosos. As detencións de delincuentes no momento de prender lume son froito dun plan de seguemento.
Galicia, segunda autonomía que máis alimentos importa malia o campo e a súa frota. O custo equivale a 422 euros por persoa até maio.
Echegoyen e Cristian Toro aspiran a darlle hoxe as primeiras medallas a Galicia nos Xogos do Rio. En vela e en piragüismo, as finais celébranse este xoves.
O candidato de En Marea, Luís Villares, acompañado por Xosé Manuel Beiras, lembra a morte de Bóveda no Día da Galiza Mártir non como algo “luctuoso” senón como “enerxía” para “darlle substancia á nación”.