A trama de Rodrigo Rato dispoñía de 108 contas en 18 bancos. O ex vicepresidente do Goberno era titular de 56 delas.
Fálase
Os pais galegos gastan 5 millóns en vacinas da meninxite B en dez meses. As farmacias agardan cubrir toda a demanda co lote de agosto e o de setembro.
Os gobernos de Zapatero e Rajoy autorizaron sete ex altos cargos de Defensa logo de traballar en empresas de armas. Esas compañías recibiron 3.680 millóns de euros en adxudicacións de Defensa.
Beiras abandona o Parlamento e anuncia que dá por rematado o seu periplo na Cámara logo de avalar a Luís Villares nas primarias de En Marea para a candidatura da presidencia á Xunta.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto. Volvemos o luns.
Ana Pontón cre que o BNG ofrece "unha alternativa a través dun proxecto sólido". A candidata do Bloque reclama medidas que saquen da crise ao sector lácteo e destacou as "responsabilidades políticas" na desfeita do sector durante a vistia a unha cooperativa de alimentación animal en Valdoviño
Leiceaga considera “electoralismo descarado” a decisión de adiantar o abono das pagas extras suprimidas aos empregados públicos. O candidato do PSdeG á Xunta lamenta a "desesperación de Feijóo, q,ue quere emendarse a si mesmo en dous meses".
A Policía retén cinco turistas por gabearen polas estadas das obras da Catedral de Santiago. A Policía Local informa de que previamente tentaran facer o mesmo "no enreixado da fachada". Serán propostos para unha sanción económica.
Un xuíz da Arxentina ordena a detención de Hebe de Bonafini, a histórica líder das Madres de Plaza de Mayo. Medios arxentinos como La Nación ou Clarín están a informar ao respecto
Volven estar activos os sitios web dependentes da Xunta tras a caída sufrida durante a xornada do xoves.