A Generalitat asegura que só tres familias pediron a axuda do Estado para ter clases en castelán. Cada solicitante pide unha subvención de 6.000 euros para pagar os estudos nun centro privado.
Fálase
Un claro no bosque, o blog de ecoloxismo social de Praza, denuncia a actividade dos monster boats, "os grandes barcos de pesca que devastan os mares e minguan a soberanía alimentar dos pobos, nomeadamente no Sur". Destaca que cinco dos 20 barcos da UE máis nocivos para o medio son españois e dous deles, galegos, dous arrastreiros de profundidade.
Obama explicará esta noite a súa iniciativa para regularizar a situación de cinco millóns de persoas que viven nos Estados Unidos sen documentación dende hai cando menos cinco anos. Farao en solitario, sen o apoio das cámaras, dominadas polos republicanos. A medida non se estenderá aos pais e nais destes inmigrantes nin aos traballadores agrícolas e tampouco recibirán cobertura sanitaria.
Ourense en Común preséntase hoxe nun acto público. O espazo de confluencia aspira a gañar as eleccións e definese como "ferramenta da cidadanía para xerar unha tranformación radical no Concello".
A corrente interna crítica do PSC formará un novo partido. Dous ex consellers que abandonaron o socialismo catalán acadan un acordo coa formación fundada por Ernest Maragall.
Costa Rica prohíbe por lei que o país participe en guerra ningunha. O Parlamento aproba a neutralidade dun Estado que non ten exército.
Facenda reclama a Dorribo dous millóns de euros por dúas declaracións da renda. A Axencia Tributaria deixou de ingresar uns 465.000 euros.
As horas traballadas ilegalmente no Estado equivalen a máis de 273.000 empregos. No terceiro trimestre, 1,32 millóns de traballadores fixeron dez millóns de horas ilegais cada semana.
Marea Ártabra insta a BNG e Podemos a crear unha "candidatura unitaria" en Ferrol. A plataforma insiste en "sumar forzas" para crear unha lista que "sexa quen de gañar" a alcaldía.
O Tribunal Constitucional suspende a lei catalá que prohibía o fracking. Admite o recurso que presentara o Goberno español contra a normativa do Govern.